A lesión de xeonllo de Yoan Balázquez non é grave

O Teucro conta coa reincorporación do goleador cubano ao equipo antes de que termine a tempada después de que a resonancia descarta a rotura de ligamento

Yoan Balázquez. RAFA FARIÑA
photo_camera Yoan Balázquez. RAFA FARIÑA

A resonancia magnética á que se someteu Yoan Balázquez descartou que o lateral cubano dos Condes de Albarei Teucro sufra unha rotura do ligamento do seu xeonllo dereito, polo que o xogador poderá volver ás pistas antes de que finalice a tempada, informou o club pontevedrés.

Balázquez, segundo máximo goleador da liga Asobal con 118 tantos, lesionouse o pasado mércores no partido que enfrontou ao seu equipo co Helvetia Anaitasuna en Pontevedra.

As probas médicas revelaron que o lateral sofre unha escordadura no xeonllo que lle impedirá xogar o próximo partido ligueiro contra o Fraikin Granollers e a súa reaparición dependerá da evolución da lesión.

Comentarios