Rubén Soliño renova unha tempada cos Frigoríficos

O canteirán cumprirá a próxima tempada 19 anos no club cangués

Rubén Soliño. TWITTER
photo_camera Rubén Soliño. TWITTER

Os Frigoríficos do Morrazo anunciou este martes a renovación do central Rubén Soliño por unha tempada, polo que a primeira liña cumprirá 19 anos no club congués, oito deles no primeiro equipo.

"Tras un ano no que foi de menos a máis, acabou sendo unha das pezas craves da permanencia na Asobal. O canteirán seguirá dirixindo o xogo do primeiro equipo a próxima tempada", destaca os Frigoríficos no seu comunicado de prensa.

Coa renovación do pequeno dos Soliño, o conxunto dirixido por Nacho Moyano conta xa con 15 xogadores no seu persoal par afrontar o curso 2019-20: os porteiros Javi Díaz e Gerard Forns; os extremos Simes, Vujovic, Vilanova e Adrián Menduiña; a primeira liña Rubén Soliño, Doder, David Igrexas, Brais González, Mitic, Peiró e Martín Gayo; e os pivotes Quintas e Cerqueira.

Comentarios