Rufo Sánchez, novo dianteiro do Pontevedra

O ariete chega procedente do Internacional de Madrid, co que levaba 12 goles esta tempada
Rufo Sánchez. TWITTER
photo_camera Rufo Sánchez. TWITTER

O Pontevedra xa ten o ansiado nove que buscaba no mercado invernal. A chegada de Rufo Sánchez, ariete que esta tempada leva 12 goles en 15 partidos co Internacional de Madrid, xa é oficial. 

A punta de 33 anos porase este venres ás ordes de Carlos Pouso. Algunhas fontes apuntan, a falta de oficialidade, que Uzo Adighibe podería facer a viaxe en sentido inverso para abaratar a fichaxe do novo nove granate. 

Rufo Sánchez xogou en equipos como o Atlético Pinto, o Internacional de Madrid en varias etapas ou o Atlético Sanluqueño, e tivo experiencias fóra de España en Filipinas e en Tailandia.

 

 

Máis en Deporte Local Pontevedra
Comentarios