O S.D.Teucro ficha ao pivote Víctor Deco

Deco xa xogou na División Honra Prata durante a  campaña 2016-17 nas filas do ARS Palma del Río
Victor Deco. SD TEUCRO
photo_camera Victor Deco. \<sent\>SDTEUCRO

A SD Teucro anunciou este martes o fichaxe do pivote Víctor Deco, quen asina por unha tempada e procede do Maristas Algemesí de Primeira Nacional.

Formado nas categorías inferiores do Balonmano Montequinto de Sevilla, o xogador debutou na División de Honra Prata na tempada 2016-17 co ARS Palma del Río, de onde saíu para fichar polo Villafranca de los Barros e o Maristas Algemesí, co que xogou as últimas dúas campañas.

"Para min xogar no Teucro é moi importante para volver competir en División de Honra Prata, ademais de ser un club histórico do balonmán nacional. Sígoo desde pequeno e é todo un orgullo para min xogar este ano neste equipo", manifestou Deco tras asinar o seu contrato co Teucro.

Máis en Deporte Local Pontevedra
Comentarios