Segunda División B cotiza á alza

O Pontevedra buscará o salto a Segunda B Pro co trixésimo segundo plantel con máis valor de mercado da categoría ►O equipo granate é o sétimo con maior prezo do grupo 1 e o cuarto do subgrupo 1-A, encabezado polo Deportivo
Rufo disputa un balón en el partido. DAVID FREIRE
photo_camera O Deportivo, equipo de maior cotización de mercado do grupo I, no amigable de Pasarón. DAVID FREIRE

A Segunda División B está a recuperar a puxanza económica da segunda metade da década pasada, cando a competición acadou o seu tope de investimento. A restruturación do fútbol semiprofesional, que vai deparar importantes trocos para os participantes, xerou unha importante necesidade en algúns clubs, que fixeron un grande esforzo por pelexar polo salto de un ou dous chanzos de categoría e non quedar descabalgados nun futuro inmediato do camiño do fútbol profesional.

O nacemento da Segunda B Pro, que promete xerar máis recursos e repartir máis riqueza entre os seus membros, ademais de ser unha competición moito máis atractiva, fixo que os equipos se reforzasen e o seu valor de mercado se incrementase. A iso súmase a presenza de grandes clubs de España, como o Deportivo de la Coruña.

Cotizacións dos 102 planteis da Segunda B no mercado

Análise de Transfermarkt

De tal maneira, segundo a información do portal Transfermarkt.com, especializado no mercado de futbolistas, o Pontevedra ocuparía o posto trixésimo segundo canto a valor de plantel. Sería o sétimo mellor taxado do grupo 1 e o cuarto do subrgrupo 1-A, superado polo Deportivo, o Salamanca e o Racing de Ferrol, todos eles rivais directos na pelexa polas prazas de play-off.

Hai que ter en consideración que os prezos dos planteis que estima Transfermarkt non se corresponde cos orzamentos ou custos de cada plantel, e polo tanto, a orde segundo presupostos pode ser diferente da orde segundo a taxación.

E é que para estimar o valor de mercado se ten en consideración como valor relevante a idade e proxección do deportista, mentres que para o salario do futbolista se considera o seu caché, a súa procedencia.

Diferenzas entre grupos

Existen diferenzas significativas entre o valor de mercado agregado dos equipos dos cinco grupos e dentro deles, entre os seus subgrupos. Así, o grupo III, o do Mediterráneo, é o de maior prezo, 90,65 millóns de euros, polos 56,3 millóns do grupo II, o máis barato.

O grupo I ten un prezo agregado entre os 20 compoñentes de 70,13 millóns. Deses 70,13, 39,93 millóns son dos subgrupo A, o do Pontevedra, e os 30,2 restantes, do subgrupo B. Dos oito equipos menos valorados do grupo 1, só dous, os recén ascendidos Compostela e Zamora, pertencen ao subgrupo A. Os outros seis, todos asturianos, están no subgrupo B.

As canteiras, as máis caras

Entre os 60 futbolistas que maís cotizan segundo os criterios de Transfermarkt, só se atopa un do Pontevedra, Charles Dias Barbosa. O equipo de máis valor con moita diferenza é o Barcelona B (28,10 millóns, repartidos entre 30 xogadores, algúns dos cales teñen ficha co xuvenil e outros van ir ao terceiro equipo do club), máis do dobre có segundo, o Deportivo (12,5) e do terceiro, o Atlético B (10,8). Vólvese poñer de manifesto que a relevancia de dispoñer de mozos con proxección internacional cun gran futuro é un elemento diferenzal á hora de determinar o prezo de mercado dun deportista (sexa cal sexa a súa modalidade).

De feito, hai poucos xogadores que non formen parte de filiais ou estean aínda en idade de formación que se atopen dentro do grupo dos máis cotizados. E entre eles, sempre son xogadores contrastados, con experiencia en categorías superiores, como ocorre co propio Charles ou cunha boa parte dos membros do plantel do Deportivo, con dilatado pasado no fútbol profesional.

Máis en Deporte Local Pontevedra
Comentarios