Segunda RFEF, a liga das vilas

44 dos 90 equipos da nova categoría proceden de concellos con menos de 50.000 habitantes ► 13 son filiais e 9 equipos de barrios de localidades grandes que non son a referencia da cidade
O exgranate Álex Fernández milita no Arenteiro do Carballiño. CEDIDA
photo_camera O exgranate Álex Fernández milita no Arenteiro do Carballiño. CEDIDA

Nin as afeccións, nin as cidades, nin as súas poboacións, nin a historia dos clubs saltan ao céspede para gañar partidos. Pero eses elementos adoitan ter sidos en consideración para etiquetar aos equipos.

En base a eles, a Segunda RFEF confirma os peores presaxios dos seareiros do Pontevedra e de outros conxuntos habituados a Segunda División B: a categoría mellora a Terceira División antiga, pero empeora na mesma medida a xa desaparecida categoría de bronce.

Preto da metade dos equipos da nova competición proceden de localidades que non chegan aos 50.000 habitantes. En total, 43 escadras forman dese perfil de localidades.

Pero ademais, hai 13 filiais na competición, incluido un segundo filial, o da Real Sociedad. O asunto non queda aí: hai nove escadras que representan a barrios da localidade na que teñen sede. Son o segundo, terceiro ou mesmo sexto equipo da cidade á que representan (Unión Adarve).

Hai 16 escadras representantivas de capitais de provincia ou rexión, entre os que se volve atopar o conxunto granate

O contrapunto diso son a decena de conxuntos que pasaron polas categorías de elite do balompé nacional na época moderna, entre eles tres do grupo Primeiro: o Pontevedra, o Compostela e o Real Avilés. Outros teñen pasado hai algúns anos máis, como o Arousa (tivo un paso efímero por Segunda División nos primeiros anos da súa historia).

Hai 16 escadras representantivas de capitais de provincia ou rexión, entre os que se volve atopar o conxunto granate.

Pero tamén hai bloques de modestos concellos de diferentes partes de España. O conxunto do lugar máis miúdo da Segunda RFEF é o CD Brea, de Brea de Aragón, localidade que supera por pouco os 1.500 habitantes.

Sumando todos os aspectos comentados, percíbense certos desequilibrios entre os diferentes sectores da competición. No grupo II, tódolos conxuntos de vilas de máis de 50.000 habitantes excepto o Arenas de Getxo son filiais ou equipos de barrios ou arrabaldos da cidade na que teñen sede. Hai ata oito escadras que pertencen a localidades con menos de 20.000 habitantes. No grupo IV só hai tres.

A liga das cidades que foi a Segunda División B pasou á historia. A Segunda RFEF será, máis ben, a liga das vilas

Todo iso vai en consoancia co tipo de campos de fútbol que se incorporarán á competición. Aínda que nese senso non haberá tantas novidades, xa que a Segunda B xa era unha competición dada a ofrecer instalacións de céspede sintético ou campos de capacidade reducida. Simplemente se producirá un efecto multiplicador e reductor de campos con aroma a fútbol profesional.

A liga das cidades que foi a Segunda División B pasou á historia. A Segunda RFEF será, máis ben, a liga das vilas.

Máis en Deporte Local Pontevedra
Comentarios