Ser campións, a meta granate

Lupe Murillo impón o obxectivo do ascenso a Primeira RFEF para o Pontevedra e afirma que o plantel será competitivo ►A presidenta adiantou que Víctor Vázquez será un dos primeiros futbolistas en pechar a súa continuidade como granate
undefined
photo_camera Lupe Murillo, xunto aos técnicos da base do club, presentando o campus. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Lupe Murillo amosouse ambiciosa, impuxo o obxectivo do ascenso a Primeira RREF, a ser posible desde a primeira posición do grupo, e expresou que o plantel será máis barato que na campaña pasada, pero competitivo, no curso próximo 2021-22.

A dirixente tamén especificou que hai avances en dirección á renovación de Víctor Vázquez como peza indispensable do novo proxecto. A dirixente dá practicamente como pechada a operación de continuidade do marinense.

«Siempre buscamos plantillas competitivas. Buscaremos la primera posición. Queremos ascender. A partir de ahí, intentaremos tener a los mejores para conseguir el objetivo. Eso lo he transmitido. En este club nunca vamos a medias. El que entra por la puerta sabe a que se expone», expresou a presidenta do Pontevedra na rolda de prensa de presentación do campus de base do club.

«Nos gusta ganar siempre y estar lo más arriba posible. No tenemos el mejor presupuesto, pero tampoco es de los peores», aclarou, antes de lembrar que ese será outro aspecto a ter conta: o económico.

A dirixente granate recoñeceu que o orzamento destinado ao primeiro plantel se verá sensiblemente reducido con respecto ao pasado curso, aínda que o bloque continuará a ser de alto nivel.

«Siempre he dicho que no me asustaba la parcela económica. No voy a decir que vayamos a hacer un recorte. No. El equipo que confeccionemos será para ascender, pero los salarios no van a ser los mismos. Entiendo que aun así se puede hacer una plantilla competitiva para obtener el resultado que deseamos».

Murillo ten o aval de Toni Otero nese aspecto. O responsable da parcela técnica amósase tranquilo a ese nivel. «He hablado con la dirección deportiva y me ha transmitido su tranquilidad, porque hay buenos jugadores en el mercado y no va a haber problema», explicou durante a comparecencia de onte.

A dirixente amosouse satisfeita coa evolución das negociacións cos futbolistas que ten en mente manter baixo a súa nómina, como Álvaro Cortés, Borja Martínez, Martín Diz, Santi Figueroa e Víctor Vázquez. «Prácticamente alguno sí (está renovado)», expresou antes de revelar o nome dun deles: «Churre. Calculo que todos lo sabéis. Está prácticamente hecho. El ya dijo cuando acabó la temporada que quería quedarse aquí. Como sabéis, siempre uno se quiere quedar y luego hay que valoras las diferentes opciones y posibilidades», manifestou a dirixente.

O club tamén comezará a manter conversas cos xogadores de categoría xuvenil e filial para definir o seu destino dentro do club. Como explicou Murillo, a entidade está a valorar a opción de que os futbolistas de máis talento que rematan a súa etapa co xuvenil e os mellores do filial poidan promocionar e mesmo realizar a pretemporada co primeiro equipo.

O fluxo de xogadores para a formación dos equipos de base será un aspecto que traballarán os responsables deportivos da entidade a próxima semana. A institución priorizará falar cos deportistas cos que remate o seu vencellamento.

Comentarios