Sergio Veiga continúa líder e o Froiz segue dominando a Volta

Martín Lestido é segundo na xeral, por detrás do seu compañeiro

La llegada a meta en la etapa del sábado. CEDIDA
photo_camera A chegada a meta na etapa do sábado. CEDIDA

Sergio Veiga, do GD Supermercados Froiz, continúa á fronte da clasificación da Volta a Galicia tras a terceira etapa Boiro-Boiro na que o vencedor foi Francisco Rus do GSport Wolfbike. Martín Lestido e Iván Martínez, do conxunto pontevedrés, son segundo e terceiro no xeneral.

A terceira etapa con saída e chegada en Boiro e un total de 150 quilómetros de percorrido estivo moi disputada, xa que custou case 30 quilómetros que se formase o primeiro corte, no que 12 corredores rodaron conseguiron unha vantaxe de minuto e medio.

Deste pelotón principal, que estaba dominado polos corredores do Froiz, Nanclares (Cortizo-Anova) marchou en solitario durante 85 quilómetros, pero ao seu paso por Espiñeira foi alcanzado por Ruiz de Larrinaga (Cambre), Sergio Gil (Guerciotti) e Martí Marquez (Lizarte).

O pelotón do primeiro corte volveu unirse e a falta de dez quilómetros para o final Antonio Angulo lanzou un sprint para gañar aínda que foi superado por Francisco Rus. Angulo reclamou ante os xuíces que foi pechado por completo neste final pero a reclamación foi desestimada. Como protesta o cántabro non subiu ao podio.

Comentarios