viernes. 10.04.2020 |
El tiempo
viernes. 10.04.2020
El tiempo

Silvia Aguete: "Por sorte só foi un susto enorme aínda que o golpe foi moi forte"

Silvia Aguete, evacuada en padiola. GONZALO GARCÍA
Silvia Aguete, evacuada en padiola. GONZALO GARCÍA
A porteira rojilla tivo que ser evacuada en ambulancia durante o partido de Copa Xunta entre o Poio Pescamar e o Ourense

"Por sorte só foi un susto enorme", así se expresaba o presidente do Poio Pescamar, Juanjo García 24 horas despois de que a porteira rojilla Silvia Aguete tivese que ser trasladada desde o pavillón ao Hospital Domínguez en ambulancia tras vivirse minutos de angustia durante o partido de Copa Xunta que enfrontou ao seu equipo co Ourense.

A porteira internacional sufriu un choque coa xogadora brasileira do Ourense Sara Santos tras o cal a súa cabeza golpeou bruscamente coa pista. A partir dese momento vivíronse momentos angustiosos porque non se recuperaba e chegou a vomitar. Este mércores o presidente do club non era capaz de confirmar se perdeu os coñecementos por uns segundos porque "houbo certo desconcerto pola angustia que se viviu".

Logo de ser atendida na pista polos membros do corpo técnico do Poio e posteriormente polos servizos do 061 foi trasladada ao Hospital Domínguez. "A ambulancia chegou moi rápido ao pavillón. Apenas tardou uns minutos", recoñeceu Juanjo García, que non presenciou o incidente aínda que posteriormente falou coa xogadora.

No Hospital Domínguez Aguete foi sometida a unha exploración e posteriormente realizóuselle un TAC no que non se detectaron problemas considerables polo que foi dada de alta coa recomendación que mantivese repouso, como mínimo, durante as 24 horas seguintes. "Non era momento de saber se podemos contar con ela ou non para o partido deste fin de semana", explicou o mandatario.

A porteira internacional pasou a noite no seu domicilio despois de que lle realizasen diversas probas

"Hoxe (por este mércores pola mañá) falei con ela e estaba un pouco aparvada, pero xa ben e tranquila. Non quixen preguntarlle por nada que non fose tranquilizala e darlle ánimos", comentou o mandatario que asegurou que me dixeron que o golpe foi moi forte. Foi un lance do choque, pero o grave foi que se golpeou co chan".

Fontes próximas ao vestiario recoñeceron este mércores que se viviron momentos incertos porque a porteira estaba tirada na pista e non reaccionaba. "Asustáronse porque o golpeou foi forte", recalcou Juanjo. O pánico tamén se trasladou á bancada, aínda que se recuperou a tranquilidade porque a xogadora abandonou a pista en padiola totalmente serena.

GON HQR! Partido Poio Pescamar-Ourense Copa Xunta. Fotos ambiente, adestradores, xogadas. A Seca, martes, 25 feb · 20:00–21:00

O incidente produciuse no transcurso do partido de ida das semifinais da Copa Xunta de Galicia que no pavillón da Seca enfrontou ao Poio Pescamar e o Ourense, que acabou con empate a cero goles, polo que a eliminatoria resolverase o 18 de marzo na cidade das Burgas.

Poio e Ourense disputan unha das dúas semifinais da copa rexional, a outra mediu ao Burela co Amarelle de Segunda nun primeiro partido que acabou cun contundente 10-1 a favor do cadro lucense.

A Copa Xunta é un dos obxectivos do Poio esta tempada xunto á Copa da Raíña, para cuxa final a catro está clasificado. Na liga a intención é loitar ata o final por entrar no play-off.

GON HQR! Partido Poio Pescamar-Ourense Copa Xunta. Fotos ambiente, adestradores, xogadas. A Seca, martes, 25 feb · 20:00–21:00

Silvia Aguete: "Por sorte só foi un susto enorme aínda que o golpe...
Comentarios