Suspendido a Villa de Aranda-Cisne por un segundo positivo no equipo pontevedrés

O encontro debía disputarse este sábado
Mateo Arias busca el gol en el duelo ante el Villa de Aranda de la tercera jornada de liga. GONZALO GARCÍA
photo_camera Mateo Arias busca el gol en el duelo ante el Villa de Aranda de la tercera jornada de liga. GONZALO GARCÍA

Competición suspendeu o partido que debía enfrontar este sábado ao Villa de Aranda co Cisne logo da detección dun segundo positivo no conxunto pontevedrés. O líder en solitario da División de Honra Prata de balonmán informou da aparición dun segundo contaxiado por covid-19 no seu persoal no test de antígenos aos que se someteron os xogadores nas últimas horas.

O xogador atópase illado no seu domicilio e controlado polas autoridades sanitarias do Goberno galego, mentres que o resto do persoal continuará traballando ás ordes de Jabato para preparar a volta á competición.

O Cisne debía retomar este sábado a competición ligueira visitando ao Villa de Aranda, outro dos equipos que a pasada tempada descendeu da liga Asobal, pero agora o encontro deberá situarse nunha nova data.

Comentarios