Suspendidos Xadrez na Rúa e o PonteXadrez pola Covid-19

Os eventos ían celebrarse o sábado 30 e domingo 31 de maio

Unha edición anterior do Xadrez na Rúa. GONZALO GARCÍA
photo_camera Unha edición anterior do Xadrez na Rúa. GONZALO GARCÍA

A crise sanitaria da Covid-19 obrigou á Concellería de Deportes a cancelar o evento Xadrez na Rúa e a undécima edición do torneo PonteXadrez, organizados pola Escola Xadrez Pontevedra e que ían celebrarse o sábado 30 e o domingo 31 de maio respectivamente. 

Esta cita é un dos grandes referentes do deporte dos 64 escaques en Galicia. Nela, competidores de todas as idades e de diversas escolas e clubs comparten a súa paixón e celebran ao aire libre a gran festa do xadrez en Pontevedra.

Máis en Deporte Local Pontevedra
Comentarios