Teresa Portela fai historia ao clasificarse para os seus sextos Xogos Olímpicos

A canguesa logrou o bronce nos Mundiais de piragüismo de Szeged
Teresa Portela. DP
photo_camera Teresa Portela. DP

A canguesa Teresa Portela logrou esta mañá a medalla de bronce na proba de K1 200 metros dos Mundiais de piragüismo de Szeged (Hungría), co que consegue o billete olímpico para Tokio 2020.

Portela, de 37 anos e que adestra en Pontevedra, disputará os seus sextos Xogos Olímpicos. Fai así historia, ao converterse na primeira deportista española que consegue esta fazaña.

Fíxose coa terceira praza co mesmo tempo que a danesa Aastrand Jorgensen (41.34), que tamén a súa subiu ao terceiro banzo do podio.

A padeeira española estivo sempre na loita polas medallas nunha proba, como é propio da distancia, moi equilibrada salvo pola actuación da gran favorita, a neozelandesa Lisa Carrington, que demostrou que segue a un nivel superior ao resto.

A oceánica venceu con autoridade, cun crono de 39.39, e ratificou que é imbatible. A polaca Marta Walczykiewicz foi segunda grazas ao seu mellor tramo final con 41.33, no que superou a Jorgensen e Portela.

Comentarios