O Teucro ficha o porteiro alemán Joshua Rau

A meta, de 1,95, destaca pola "súa flexibilidade e reflexos"
El portero Joshua Rau. DP
photo_camera O porteiro Joshua Rau. DP

A SD Teucro anunciou este mércores a fichaxe do porteiro alemán Joshua Rau, quen procede do Sispal Handbol Marratxi e comprometeuse co club galego ata o final da tempada 2021-22.

"Estou moi agradecido de ter a oportunidade de xogar nun bo club en España. Espero poder axudar ao Teucro a lograr os seus obxectivos traballando duro en min mesmo e mellorando. E á parte diso, estou a desexar afrontar o reto de vivir no estranxeiro, coñecer a cultura local e mellorar o meu español", comentou Rau.

A dirección deportiva do Teucro sinala que a meta, de 195 centímetros e 80 quilos, destaca pola "súa flexibilidade e reflexos en lanzamentos de curta distancia".

Campión de Alemaña en categoría xuvenil co Füchse Berlin, Joshua Rau tamén pasou na súa etapa de formación polo KSV Ajax Köpenick antes de dar o salto ao balonmán español, onde xogou o curso pasado co Marratxi en Primeira Nacional.

Comentarios