miércoles. 08.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.04.2020
El tiempo

O Teucro lanza a campaña 'Agora, Teucro, agora' para mobilizar á súa afección

Luís Montes dá indicacións aos seus xogadores nun partido. ADP
Luís Montes dá indicacións aos seus xogadores nun partido. ADP

"Para sumar nestes dous partidos é fundamental que o equipo estea arroupado pola afección", declarou o técnico Luis Montes

O Condes de Albarei Teucro intenta mobilizar aos seus afeccionados de cara aos dous próximos partidos da liga Asobal, que o enfrontarán a Granollers e Bidasoa en Pontevedra, cunha rebaixa no prezo das entradas.

"Para sumar nestes dous partidos é fundamental que o equipo estea arroupado pola afección. Aínda que non o pareza, o empuxe da afección desde a bancada nótase moito na pista, especialmente durante os últimos minutos de partidos axustados", declarou o técnico Luis Montes.

Esta campaña promocional, baixo o nome "Agora, Teucro, agora", permitirá aos socios retirar entradas para estes dous partidos por dez euros, mentres que aqueles afeccionados que non son abonados poden facelo por 15.

O equipo pontevedrés atópase actualmente en postos de descenso a División de Honra Prata tras sumar unicamente 9 puntos nas vinte primeiras xornadas. No entanto, a salvación tena a só un punto, o que lle avantaxa os Frigoríficos do Morrazo.

O Teucro lanza a campaña 'Agora, Teucro, agora' para mobilizar á...
Comentarios