"Aínda non mo creo"

David Vicente móstrase "satisfeito" tras o seu récord do ano en España en 110m vala
 
undefined
photo_camera David Vicente instantes logo de lograr a marca de España xunto ao seu rival na carreira dos 110 metros vala. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

David Vicente segue sen crerse o que aconteceu o xoves nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. E é que o novo atleta conseguiu o récord de España do ano e mellor tempo histórico de Galicia na súa proba do 110 metros vala, parando o crono en 13.89 segundos.

O atleta participou na VI Festa do Atletismo Galego Peregrina 2021, nunha xornada na que compartiu cartel con algúns dos mellores deportistas nacionais e internacionais. "Foi unha das competicións nas que mellor mo pasei", comenta David, que puido gozar da competición arroupado pola súa xente e polos seus amigos, a pesar das restricións sanitarias que impediron que o complexo deportivo se enchera a rebordar como en edicións anteriores. Destaca esta cita na que "había moito nivel en 1.500 metros ou en xavelina".

O atleta xa está en Huelva para disputar o Campionato de España sub 18 o

En canto á carreira, o plusmarquista defínea como "a mellor ata a data". "Houbo moi poucas cousas que mellorar, aínda que sempre hai algo que perfeccionar. Estou moi satisfeito co conseguido", di.

E é que o pontevedrés aínda está nunha nube. "Eu aínda non mo creo, aínda que realmente o meu adestrador xa me levaba dicindo unhas semanas que a podía facer polos tempos de adestramento", asegurou.

O mozo xa probara sorte en varias ocasións anteriormente. En Oviedo conseguiu baixar a marca, pero foi anulado debido a que a carreira se disputou con vento ilegal. Volveu intentalo en Madrid, pero a carreira non "foi de marca nin de mínima".

David Vicente continúa a súa formación nas Rías Baixas club baixo as ordes de Gonzalo Méndez, o seu mentor

E como é normal, tanto os seus familiares, como amigos reaccionaron ao fito con gran xúbilo e cunha satisfacción enorme por ver a David facerse coa medalla de ouro e por bater a marca. "En casa, con toda a xente, nunha competición organizada por Gonzalo, sentíame moi ben e saíu o que saíu".

De Gonzalo Méndez, un dos mentores de Vicente, e o "culpable" de que aparcase o fútbol para dedicarse en corpo e alma ao atletismo, só ten palabras de agradecemento. "Para min todo o atletismo é Gonzalo. É máis que un adestrador. Xa é o meu amigo, Estoulle moi agradecido por todo o que fixo por min", manifesta Vicente

A competición non cesa para este atleta, que se todo salgue como ten previsto no Campionato de España sub 18 e se proclama campión de España, disputaría un mitin coa selección Española en Francia durante a última semana de xullo e a primeira de agosto. Unha suposición que ten na cabeza pero coa que non quere despistarse e distraerse do obxectivo principal da proba, que é o de competir "ben e sacar o mellor resultado posible, e se se pode gañar, mellor". Sen dúbida a consecución do seu primeiro título a nivel nacional sería "porlle a guinda ao pastel" para o atleta pontevedrés, que xa valora a tempada como "moi positiva".

A marca que lle serviu para facer o récord de España do ano e histórica de Galicia foi de 13.99 segundos

De non conseguir a vitoria o domingo, comezarían unhas merecidas vacacións de verán para David Vicente nas que, asegura, quere esquecerse, polo menos de forma momentánea, do deporte e "descansar, gozar do verán e desconectar".

Tamén di momentaneamente porque este atleta xa pensa na próxima tempada, que empezará coa preparación para as competicións de pista cuberta que terán lugar a partir do mes de decembro deste mesmo ano, e nas que David Vicente competirá nunha nova categoría para el, sub 20, e con novas "alturas de valos" que aínda non coñece.

Máis en Deporte Local Pontevedra
Comentarios