martes. 12.11.2019 |
El tiempo
martes. 12.11.2019
El tiempo

O pontevedrés Tono Campos báñase en ouro con Romero

Ton Campos e Diego Romeu tras subir ao podio. FEGAPI
Ton Campos e Diego Romeu tras subir ao podio. FEGAPI
Óscar Graña asina un espectacular quinto posto no Mundial de maratón

Tono Campos xunto a Diego Romero conquistou o ouro en C2 senior, por diante das piraguas de Polonia e Hungría mentres que Tania Fernández e Tania Álvarez lograron a medalla de prata en K2 na última xornada do Mundial de China. 

A representación galega no Campionato do Mundo de maratón pecha a súa participación nesta edición 2019 cunha medalla de ouro conseguida pola parella de Tono Campos e Diego Romero na carreira de C2 senior e outra de prata para o tándem de Tania Álvarez e Tania Fernández en K2 senior. 

A dupla de Campos e Romero que tomaba a saída ás 2:30 da madrugada do domingo mantívose sempre na cabeza. A partir da terceira volta, lideraron a carreira xunto á embarcación de Polonia, ata o final. Antes do último porteo Campos e Romero aceleraron o ritmo para escaparse dos polacos. 

Fernández e Álvarez suman a súa segunda medalla mundialista

O C2 español cruzaba a liña de meta logo de 01:59:06.33 superando aos seus rivais máis próximos os polacos Zuchora e Burgiel en 00:00:13.4. Os húngaros Laczo e Nagy terminaron na terceira praza. 

A outra parella participante con representación galega era a de Óscar Graña e o Pedro Areal, que finalizaron nunha meritoria quinta posición. O pontevedrés dixera días antes da cita que se quedaba entre os sete primeiros era un milagre. A súa aspiración era ser oitavo ou noveno, pero o canoísta demostrou a clase que leva dentro ao relacionarse cos mellores nun ano moi comlicado por culpa de diferentes cuestións profesionais. 

A outra medalla galega desta mañá en terras chinesas foi para as deportistas Tania Fernández do Kaiak Tudense e Tania Álvarez do Breogán do Grove. 

O canoísta pontevedrés supero as súas previsións nun ano moi complicado

Así ben, Fernández e Álvarez suman a súa segunda medalla mundialista logo de alcanzar o bronce no pasado mundial de Portugal. Nesta ocasión lideraron a proba nas primeiras voltas xunto á embarcación de Hungría e a outra piragua de España. A vitoria sería para Renata Csay e Zsofia Czellai-Voros que marcaban 01:56:30.22, mentres que Tania Fernández e Tania Álvarez facían 01:56:33.99 para conseguir o subcampeonato mundial, en terceiro lugar cun tempo de 01:56:56.72 cruzaban a liña de meta Irati Osa e Arantxa Toledo. 

A última carreira deste Campionato do Mundo tiña na liña de saída a dúas piraguas de clubs galegos. 

Iván Alonso xunto a Jaime Sobrado lograban a cuarta praza, cruzando a liña de meta a un minuto da parella vencedora de Francia. En quinta posición chegaban os integrantes do Fluvial de Lugo, Miguel Fernández e Julián Becerro. 

O pontevedrés Tono Campos báñase en ouro con Romero
Comentarios