Clausura e Premio HQR! Almansa

Grandes sensacións para un día inesquecible

O waterpolo, balonmán, baloncesto e a billarda foron novos protagonista da cuarta xornada no HQR!
La billarda, con un torneo a nivel gallego, al igual que la lucha, y el baloncesto fueron parte importante de la jornada del sábado
photo_camera La billarda, con un torneo a nivel gallego, al igual que la lucha, y el baloncesto fueron parte importante de la jornada del sábado

A penúltima xornada da Festa HQR! 2015 volveu ser significativa en canto a modalidades e talleres deportivos. Desde as nove da mañá a actividade non se freou na pista do Centro Galego de Tecnificación Deportiva e no Pavillón Universitario. O baloncesto e o voleibol coparon gran parte das doce horas ininterrompidas de acontecementos que se desenvolveron na penúltima xornada desta festa deportiva. O balonmán tamén estivo presente coa competición de categoría benXamín mixto na que participaron os equipos representativos da SD Teucro, BM Rasoeiro do Grove, Bueu Atlético e Club Cisne.

O waterpolo non fallou na piscina do CGTD, cunha serie de partidos nos que se mesturaron varias categorías, desde o encontro entre pais de xogadores do club pontevedrés ata enfrontamentos entre equipos alevíns, benxamíns, cadetes, xuvenís e feminino e sénior absoluto. Foron case tres horas intensas de xogadas e goles sobre a piscina que fixeron as delicias de todo o mundo. Outro deporte que xa se uniu na edición anterior á Festa HQR foi a billarda que tamén viviu unha xornada intensa no campo exterior do CGTD. Alí reuníronse máis de medio centenar de competidores de diferentes puntos para gozar dun dos deportes con máis anos de existencia e que é un dos máis tradicionais que se coñecen en Galicia.

Paralelamente fóronse desenvolvendo, como xa ocorreu na primeira xornada, diversos talleres como o de repostería, que sempre encandea aos máis pequenos e pequenas, nos que preparaban diversos doces baixo a dirección dun consumado chef, o de boxeo, de novo, baixo a dirección do boxeador marinense Aarón González, recentemente proclamado campión de España, así como o taller de batuca, na que todo o mundo, desde os pais e nais ata os máis novos, puideron gozar bailando, ou do taller de tiro con arco. O HQR! Park serviu para que todo o que quixese puidese gozar dunha partida de xadrez, xogar nos inchables ou no Scalextric.

Como xa ocorrera na xornada do pasado mércores foron doce horas intensas, no que o obxectivo era que ninguén se aburrise e puidésese divertir en calquera actividade. Hoxe será a última oportunidade para seguir gozando desta especial festa deportiva.

Waterpolo Na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva desenvolvéronse partidos de todas as categorías Afluencia A penúltima xornada da Festa HQR! volveu ser un éxito coa visita de centos de persoas ás distintas sedes

Comentarios