O valor da experiencia

O Pontevedra rexuvenece lixeiramente o plantel, pero segue a ser un dos máis veteráns da categoría, con máis de 27 anos de media
 
FuTBOL_ AMISTOSO PONTEVEDRA - VILALBeS
photo_camera ÁLex González (dereita) e Rufo (esquerda) son dous dos futbolistas do Pontevedra que superan a barreira dos 30 anos.

O Pontevedra Club de Fútbol baixou a media de idade do seu plantel con respecto á temporada pasada, pero segue a ser unha das escadras máis veterás do grupo I de Segunda RFEF.

O bloque de Pasarón ten unha idade media dos futbolistas do seu primeiro equipo de 27,2 anos, o que o converte no quinto conxunto cunha idade máis elevada da categoría na que vai competir a partir de setembro.

Charles é o xogador granate que naceu hai máis tempo. O dianteiro brasileiro ten 37 anos, catro meses e 21 días e substitúe a Xisco Campos, o central balear, que a campaña pasada comezou a pretemporada con 38 anos.

Charles substitúe a Xisco Campos como o futbolista con máis idade do colectivo, con 37 anos 4 meses e 21 días

A saída de varios dos futbolistas de máis de 30 anos do curso anterior permitiulle ao bloque granate rexuvenecer relativamente. Xa non están ás ordes de Ángel Rodríguez nin o citado Xisco (39), nin Pol Bueso (36), nin Adri Cruz (34), nin Mario Fernández (33), nin Aitor Núñez (33), nin Jorge Fernández (31). Entre as novas adquisicións, só Diego Seoane (33) e Javi Rey (30) están na cuarta década das súas vidas.

Aínda así, o bloque da cidade do Lérez, á espera de pecharse, ten experiencia sobrada.

O Arosa, o Compostela e o Coruxo, completan xunto co Pontevedra e a Gimnástica Segoviana a lista de máis veteráns

Ademais das novas adquisicións do mercado estival, o Pontevedra ten outros cinco homes máis por riba dos 30: o mencionado Charles, Rufo (34), o capitán Álex González (32), Manuel Romay (31) e Víctor Vázquez (31): todos xogadores moi relevantes tanto deportiva como emocionalmente dentro do colectivo.

AROSA, LÍDER. Curiosamente, os equipos máis vellos da categoría son os galegos. O líder desta clasificación é o Arosa SC, que ten unha idade media do seu plantel de 27,8 anos. Ségueo o Compostela e a Gimnástica Segoviana, con 27,7 anos de idade media, mentres que o Coruxo, cuarto, conta con 27,5 anos.

Pantiga, do LLanera, é o máis vello do grupo I de Segunda RFEF, con máis de 40 anos, por diante de De la Fuente, do Langreo 

CapturaSO equipo máis novo da categoría é o Leganés B, na súa condición de equipo filial, que ten 21,4 anos de idade media dos seus futbolistas. Pola súa banda, o Palencia Cristo é o segundo bloque máis novo, con algo máis de 24 anos de idade media.

Canto a xogadores, Charles é o terceiro con máis anos no seu DNI. Só naceron antes ca el outros dous futbolistas da categoría: o xogador do Langreo Gonzalo de la Fuente (37 anos, nado o 21/03/84) e o do Llanera Pablo Pantiga, que con 40 anos é o máis veterán do grupo.

comentarios