O vilagarcián Pablo Barreiro, campión de España de vela

A diferenza con respecto ao seu principal perseguidor foi abismal
Pablo Barreiro e Alba Díaz. DP
photo_camera Pablo Barreiro e Alba Díaz. DP

O vilagarcián Pablo Barreiro e a coruñesa Alba Díaz lograron o triunfo no Campionato de España da clase 420 mixta que rematou este domingo en Cádiz.

O dúo galego amosouse moi consistente durante todo o certame e pechou a súa participación con dúas boas mangas que lles permitiron afianzar o liderado na súa clase.

A diferenza con respecto ao seu principal perseguidor foi abismal. Malia as cambiantes condicións de mar que atoparon, o vilagarcián e a coruñesa exhibiron unha gran regularidade e capacidade de adaptación.

As variables situacións de vento obrigáronlles a amosar tódalas súas virtudes sobre o campo de regatas nas oito mangas que se levaron a cabo en augas andaluzas.

Os seguintes retos para as tripulacións da selección galega serán na Copa de España de San Sebastián, entre o 25 e 28 de abril, coa clasificación para o Campionato de Europa da clase en xogo.

Comentarios