Volta ao traballo

Milagros Sanmartín y Cuco Rodríguez dirigieron la primera sesión. rafa fariña
photo_camera Milagros Sanmartín y Cuco Rodríguez dirigieron la primera sesión. rafa fariña

O Arxil empezou onte a súa preparación de face á próxima tempada sen as novas incorporacións do club. As xogadoras pontevedresas foron convocadas polo equipo técnico para a súa primeira sesión de adestramentos, na que empezaron a traballar. Durante esta primeira semana o plan é reforzar a parte física para que todas as baloncestistas recuperen a forma e poidan afrontar con garantías a próxima tempada.

Ao adestramento faltaron as dúas novas incorporacións do equipo de baloncesto, Ana Román, que chegará á disciplina pontevedresa o día 15 e a perla africana, Moumaina Diarra, que se atopa á espera de que chegue o visado de traballo. Ambas se sumarán ao bloque consolidado do curso pasado.

Ademais, para compensar a marcha de Minata Keita, que se foi en busca de novos horizontes a Vigo, o club porá a proba a unha baloncestista norteamericana que podería xogar tanto de 4 como de 3 e que daría moitas opcións ao xogo do equipo.

Aínda que o adestrador Liño Vázquez négase a dar aínda o nome, explica que «o mércores ou o xoves, cando chegue a nova fichaxe, todos saberán quen é, non me atrevo a dicilo porque a xogadora aínda podería non coller o avión», desvela o preparador, que destaca as boas estatísticas da presumible nova incorporación.

Para Liño Vázquez, logo da boa tempada do equipo en Liga Feminina 2, este curso, coas novas incorporaciónes e tendo en conta o esforzo que o club fixo por traelas, «o obxectivo é dar un paso máis na competición e poder entrar no play-off do que quedamos ás portas o curso pasado».

Pretemporada

Para chegar a pleno rendemento ao comezo de Liga, o conxunto pontevedrés empezará a disputar amigables a partir do día 13, cando se enfrontará ao Olivais, aínda que o calendario de pretemporada atópase un pouco a expensas de que se realice o sorteo da Copa da Xunta.

Liño Vázquez destaca que despois do esforzo realizado no mercado de fichaxes, as arcas do club non lles permiten facer grandes viaxes de preparación. Desta forma, o equipo xa tivo que rexeitar ir a un triangular á que lles invitaron en Madeira debido aos custos. «Non hai que esquecer, que este club ten máis equipos e hai que repartir o orzamento entre todos», conclúe Liño Vázquez.

O club busca un patrocinador

O Arxil atópase á busqueda dun patrocinador que dun pouco de respiro ás súas arcas, xa que agora, tal e como sinala Vázquez, de face á pretemporada «temos que estar a mirar cada euro».

O preparador do Arxil destaca o factor de que xa a pasada campaña o equipo tivo que facer fronte á competición sen o apoio de ningunha empresa, que lles puediera achegar liquidez de face a poder crecer no deportivo.

Tras os reforzos que fixo o persoal, o equipo pontevedrés quere optar ao play-off e seguir crecendo na competición. Para iso, en próximas tempadas deberán aumentar os seus ingresos para evitar baixas como a de Keita, á que non puideron igualar o soldo que lle ofrecían en Vigo.

De todos os xeitos, cando se fala deste tema, Liño Vázquez é claro, sobre a situación do club, «nin queremos, nin podemos».

Comentarios