Abanca adianta unha semana o pago das prestacións por desemprego

Sucursal de Abanca. AEP
photo_camera Sucursal de Abanca. ARQUIVO

Abanca volverá adiantar unha semana, por segundo mes consecutivo, o pago de strong <>prestacións por desemprego aos seus clientes pola crise do coronavirus, segundo informou a entidade nun comunicado.

Esta medida forma parte do Plan Anticipar, impulsado polo banco para axudar a pemes, autónomos, empresas e familias a mitigar o impacto económico e social da situación de urxencia.

Os clientes en situación de desemprego terán abonado o importe da súa prestación contributiva o luns 4 de maio, con sete días de antelación respecto da data habitual de pago. O adianto leva a cabo en colaboración co Servizo Público de Emprego Estatal (Sepe) e producirase de forma automática.

Durante o estado de alarma por esta pandemia, Abanca recomenda aos seus clientes que eviten desprazarse ás oficinas e que utilicen os canles dixitais para as súas operacións e que se necesitan diñeiro en efectivo usen o caixeiro automático. 

Comentarios