Abanca compra Popular Servizos Financeiros por 39 millóns

Tras esta adquisición, convértese na quinta financeira bancaria de consumo de España
Una oficina de Abanca
photo_camera Una oficina de Abanca

A entidade financeira Abanca anunciou este martes a compra de Popular Servizos Financeiros, a antiga división de consumo do Banco Pastor, ao Grupo Banco Popular por 39 millóns de euros.

A financeira intégrase en Abanca Consumer Finance, unha división constituída en 2016 e que, tras esta adquisición, convértese na quinta financeira bancaria de consumo de España.


A entidade bancaria anuncia, a través dun comunicado, que inicia desde Galicia un período de crecemento a través de novas adquisicións, aliñadas cos obxectivos do seu plan estratéxico.

"Os obxectivos inmediatos da operación son alcanzar unha cifra de novo negocio superior aos oitocentos millóns nos próximos tres anos, situarse como líder no noroeste español e facer crecer o negocio nun período do ciclo económico favorable en España e Portugal", asegurou o vicepresidente de Abanca e propietario do grupo Banesco, Juan Carlos Escotet.

Popular Servizos Financeiros dispón dun equipo de persoas especializadas no financiamento ao consumo e mantén máis de 15.000 acordos con comercios e concesionarios en España e Portugal.

Ten 500.000 clientes na península Ibérica, a súa carteira de créditos a peche do 2016 sitúase en preto de douscentos millóns de euros, cunha taxa de moura do tres por cento e unha cobertura do 152 por cento. 

Comentarios