Abanca asina un convenio de colaboración con Rocfit

O banco facilitará o acceso ao crédito aos clientes do grupo galego de venda de maquinaria fitness
Firma del convenio entre Abanca y Rocfit
photo_camera Firma del convenio entre Abanca y Rocfit

Abanca e Rocfit asinaron este martes un convenio financieron para facilitar o acceso ao crédito aos clientes desta empresa galega de venda de maquinaria fitness profesional. 

O acordo —rubricado polo xerente de Rocfit, Abelardo Mato, e o director territorial de Abanca na Coruña, Gerardo Fuertes— facilita  aos clientes de Rocfit a compra do escáner corporal 3D de Styku cunhas condicións de financiamento "moi atractivas", segundo informou a empresa do grupo Inverexpan a través dun comunicado. 

Styku captura a forma e as medidas reais dos clientes e crea un modelo exacto do corpo en 3D do que extrae centos de medidas precisas en poucos segundos. Avalía a graxa corporal, gasto calórico e inxesta máxima de calorías. Ademais, permite recalcar os progresos dos usuarios dos ximnasios ou centros de nutrición con visualizaciones 3D do antes e despois.

"Confiamos en que a unión destas dúas empresas galegas facilite o descubrimento deste innovador produto ás compañías do sector do fitness e a nutrición", engadiu Rocfit.

Comentarios