Aceites Abril eleva un 50% a colleita e envasará 4.500 litros de óleo galego

A compañía ourensá sacará ao mercado 'Colleita Propia' con selo de garantía de orixe. As 9.000 botellas de medio litro comercializaranse en grandes superficies e na canle online
 
Cosecha de aceituna de Aceites Abril. EP
photo_camera Colleita de oliva de Aceites Abril. EP

Aceites Abril concluirá en dúas semanas a colleita de oliva en Galicia coa previsión de incrementar un 50% a recolección con respecto á campaña de 2018, ata alcanzar os 35.000 quilos de froito. Desta materia prima, a compañía ancorada no polígono ourensán de San Cibrao das Viñas extraerá 4.500 litros de aceite premium virxe extra 100% autóctono, que se envasará en 9.000 botellas de medio litro coa etiqueta Colleita Propia

Por primeira vez, este ouro líquido lucirá o selo de garantía de orixe galega, un distintivo impulsado pola Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galicia (Apaag) co fin de evitar o intrusismo e dar valor á produción propia. 

Así o explicou este mércores en declaracións a AGN o responsable do departamento de agro de Aceites Abril, Rubén Gutiérrez García-Tembleque, no marco dun percorrido por un oliveiral e pola almazara onde se procesa a oliva e se extráe este óleo selecto mediante o proceso de moenda. 

Só entre os 160 socios da Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galicia suman 144 hectáreas con 152.000 oliveiras plantadas

A compañía dirixida pola familia Pérez Canal iniciará a distribución de Colleita Propia nas próximas semanas en grandes superficies e a través da tenda online de Aceites Abril e do xigante do comercio electrónico Amazon. As perspectivas son positivas atendenBotella de 'Colleita Propia' de Aceites Abril.EPdo ao feito de que o aceite da anterior campaña esgotou as súas existencias o pasado agosto. 

Trátase dun coupage de tres tipos de oliva: unha variedade autóctona de picual, a arbequina —a máis estendida pola súa adaptación ao clima galego— e a cobrançosa, unha especie portuguesa. 

A colleita crece ano a ano como consecuencia da entrada en produción do oliveiral novo, que ten entre tres e seis anos, e de que, aos poucos, as árbores van achegándose ao seu tope produtivo, un fito que se alcanza transcorridos entre 10 e 15 anos desde a plantación, segundo Gutiérrez. O experto indicou que este ano "as humidades relativas superiores ao 80%" que se rexistraron en maio nalgunhas zonas de Galicia, coincidindo coa floración das oliveiras, impediron "un bo calle dos froitos". Tampouco axudou o feito de que o verán fose pouco caloroso, nin os temporais das últimas semanas. 

Unha opción en auxe para o rural
Aínda que a produción de aceite non é algo novo en Galicia —os romanos estenderon as oliveiras por toda a comunidade desde a Ribeira Sacra e na época dos Reis Católicos a maioría foron talladas para evitar impostos—, o sector senta as bases da súa expansión. Proba diso é que Aceites Abril impulsa a plantación dunhas 6.000 árbores ao ano. 
Rubén Gutiérrez García-Tembleque, de Aceites Abril.EP2.500 € por hectárea
É o custo estimado da plantación, incluíndo as oliveiras, a fertilización e a man de obra. É máis reducido que outros cultivos estendidos en Galicia, como o albariño, que rolda os 20.000 por hectárea. A rendibilidade tamén é menor.

Ideal para o agricultor de fin de semana
Máis aló da poda anual e dunha protección fitosanitaria con cobre, é un cultivo que non require demasiados coidados. A primeira colleita chega entre o terceiro e o sexto ano.

 

Comentarios