Amancio Ortega perda unha posición na lista dos máis ricos

Unha lixeira depreciación das súas accións e a alza do mercado estadounidense tras a vitoria de Trump fanlle retroceder ao terceiro lugar do 'ranking Forbes'
Amancio Ortega
photo_camera Amancio Ortega

Amancio Ortega perdeu a segunda posición na clasificación dos homes máis ricos do mundo que elabora a revista Forbes e que lidera Bill Gates, en favor do empresario, tamén estadounidense, Warren Buffet.

Segundo a lista en tempo real da publicación norteamericana, a fortuna de Amancio Ortega ascende ata 72.500 millóns de dólares, o que supón unha depreciación do 0,7%, nun momento no que as accións de Inditex déixanse un 0,63% na Bolsa de Madrid.

A principios do mes de setembro, o empresario fundador de Inditex chegou a ocupar por unhas horas o primeiro posto da lista, pero as súas accións caeron un 3,3% desde entón, mentres que a Bolsa estadounidense atópase actualmente en máximos históricos, o que promove en enriquecemento do cofundador de Microsoft e de Warren Buffet.

O escenario desencadeado tras a vitoria do candidato republicano á Casa Branca, Donald Trump, propiciou unha amuento significativo na magnitude de ambas as fotunas. Gates acumula un patrimonio estimado de 83.900 millóns de dólares, mentres que o de Buffet ascende ata os 73.900 millóns de dólares.

En comparación coa listaxe anual correspondente a 2016, publicado pola revista o pasado mes de marzo, Amancio Ortega aumentaría a súa fortuna en 5.500 millóns de dólares; o patrimonio de Warren Buffet crecería en 13.100 millóns de dólares, mentres que Bill Gates sería 8.900 millóns de dólares máis rico.

Comentarios