Os bonos 'Consolida' e 'Transforma Economía Social' da Xunta poden solicitarse desde este xoves

Ambos contan cunha partida de máis de 5 millóns de euros
Un trabajador. PIXABAY
photo_camera Un traballador. PIXABAY

As axudas dos bonos ConsolidaTransforma Economía Social, da Consellería de Emprego e Igualdade, poden solicitarse desde este xoves e ata o próximo 30 de setembro, segundo se recolle nas ordes que saen publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG)

Así o informa o departamento autonómico que explica que se trata de dúas novas liñas de apoio ás que a Xunta destina 5.375.000 euros. No caso do bono Consolida está dotado con 2,8 millóns de euros, mentres que a segundo conta cunha partida de 2,5 millóns. O primeiro ten como finalidade o afianzamento das entidades de economía social mediante tres liñas de axudas que inciden na transformación dixital das empresas para favorecer o incremento da súa competitividade, explica a Consellería. Con ela, prevese beneficiar a 300 empresas. 

No caso do segundo, búscase impulsar a recuperación duns 40 negocios en crises ou sen opción ao cambio xeracional mediante fórmulas de economía social, apoiando ás persoas que decidan asumir a titularidade destes negocios mediante unha cooperativa ou unha sociedade laboral. 

Comentarios