A contratación no comercio cae un 21,1% en Pontevedra en xaneiro

En Galicia o descenso foi do 22%, por encima da media nacional
Un comercio cerrado. EP
photo_camera Un comercio pechado. EP

Durante o mes de xaneiro asináronse 2.811 contratos no sector do comercio na provincia de Pontevedra, un 21,1% menos en comparación co mesmo mes do ano pasado. Así o recolle nun estudo sobre o comportamento do mercado realizado pola empresa de recursos humanos Randstad, con datos do Servizo Público de Emprego Estatal (Sepe).

O informe destaca que en Galicia se asinaron 8.304 contratos en comercio durante xaneiro, un 21,8% menos que hai un ano. Nin as rebaixas evitaron esta caída da contratación, un descenso de 5,8 puntos porcentuais superior á media nacional (-16%).

O volume de contratos rexistrado na comunidade supón o 6% do total que se xerou en España. A nivel provincial, A Coruña, con 3.975 contratos en comercio e Pontevedra, con 2.811, lideran a creación de emprego en Galicia, aínda que se reduciron en comparación co ano pasado, un 23,9% e un 21,1% menos respectivamente.

Pola súa banda, Lugo rexistrou 869 contratos e un descenso do 16.8%, mentres que Ourense asinou 649 e contraeuse un 17,4%.  

ESTATS

ESPAÑA. No conxunto do país, Randstad revela que, o sector do comercio asinou en xaneiro 139.393 contratos, un 10,3% menos que durante o pasado decembro, cando se rubricaron 155.381, e un 16% inferior ao volume rexistrado hai un ano (165.976).

Desde outubro, mes no que se recuperou o nivel de contratación tras o verán, este indicador mostrou unha tendencia negativa, arrastrado polo empeoramento da situación epidemiolóxica.

Comentarios