sábado. 08.05.2021 |
El tiempo
sábado. 08.05.2021
El tiempo

O covid sega seis anos de crecemento da facturación das grandes empresas galegas

Un operario monta un coche en la factoría de PSA en Vigo. DP
Un operario monta un coche na factoría de PSA en Vigo. DP

As 20.000 maiores firmas ingresaron 109.100 millóns en 2019, un 5,6% máis que no exercicio anterior. Uns 29 de cada 100 euros son de sociedades pontevedresas

A pandemia asestou unha poutada á economía galega crebando en 2020 unha expansión ininterrompida desde 2014, o ano no que arrincou a recuperación tras a crise financeira. En 2019, cando nada facía presaxiar que un virus puidese levar o tecido produtivo á Uci, as grandes empresas galegas continuaban crecendo. Así o reflicte a nova edición da base de datos do servizo de información Ardán que elabora o Consorcio da Zona Franca de Vigo, segundo o cal os ingresos das 20.000 maiores firmas galegas sumaron 109.113,8 millóns de euros.

Esta cifra reflicte un crecemento interanual do 5,6% que testemuña que, a pesar de manter a tendencia á alza que arrincou en 2014, os negocios xa crecían con menor brío como consecuencia da desaceleración económica. No entanto, a mellora global da facturación superou amplamente o aumento do PIB galego, que no ano precovid foi do 1,8%. 

Das 21.030 compañías que recolle a base de datos, apenas 215 superan os 50 millóns de volume de negocio, o baremo que fixa a UE á hora de colgar a etiqueta de grande empresa. Son sete máis que na edición anterior. A radiografía testemuña que o minifundismo que os expertos chaman a superar para gañar competitividade segue imperando, pois o 78% das firmas factura menos de 2 millóns, un nivel propio das microempresas. 

O completo estudo, elaborado peiteando as contas anuais depositadas nos rexistros mercantís, tamén dá conta da evolución do emprego. En conxunto, as grandes empresas acabaron o exercicio con 400.166 traballadores, 10.074 máis que en 2018 (+2,6%). A ocupación creceu así por enriba da media que apuntou a enquisa de poboación activa para o conxunto do sistema produtivo, do 1,6%. 

As grandes empresas acabaron 2019 con 400.166 traballadores, 10.074 máis que no exercicio anterior

Sen perder de vista que os datos de 1.030 sociedades están actualizados só ata 2018, a base de datos constata que a contribución á xeración de riqueza destes negocios creceu un 9,5%, ata 33.245 millóns de valor engadido. 

Con 31 dos 50 maiores negocios de Galicia, a provincia da Coruña incrementou o seu peso económico en 2019 en detrimento do resto, pois as 8.481 firmas das que os expertos de Zona Franca solicitaron información concentraron o 59,6% da cifra de negocio total, tres décimas máis que en 2018. As 7.942 pontevedresas, do seu lado, coparon o 29,4%; mentres que as 2.001 ourensás representaron o 5,7% e as 2.606 lucenses, o 5,3%. 

Inamovible no seu trono, Inditex continúa dominando a clasificación. Duramente afectada pola pandemia —un feito que recollerá a base de datos Ardán do próximo ano—, a matriz do grupo fundado por Amancio Ortega facturou en 2019 un 9,4% máis, 18.261 millóns. Entre os 50 postos de partida da listaxe, 14 son filiais do coloso de Arteixo, ás que se suman os dous vehículos de investimento de Ortega, Pontegadea e Partler. Aínda que coa terceira parte do peso de Inditex, a automoción segue sendo o segundo motor económico de Galicia, pois PSA facturou 5.266 millóns, un 3,2% máis. 

PONTEVEDRA. Os ingresos do tecido produtivo pontevedrés alcanzaron en 2019 os 32.120 millóns tras despuntar un 5,1%. O emprego creceu con menos forza, un 4,5%, ata totalizar 136.636 postos. Baixando ao detalle, logo de PSA, a firma que maiores ingresos tivo foi a construtora San José, con 695,1 millóns. Seguírona Nueva Pescanova, con 692,8 millóns; Froiz (588,1) e, en quinta posición, Dalphi Metal (535,1).

Ardán Pontevedra<>

O covid sega seis anos de crecemento da facturación das grandes...
comentarios
ç