A economía galega creceu un 1,8% en 2019 e confirma a súa desaceleración 

Un trabajador en una fábrica. ARCHIVO
photo_camera Un traballador nunha fábrica. ARQUIVO

O produto interior bruto (PIB) de Galicia creceu un 1,8% en 2019, atendendo aos datos publicados este xoves polo Instituto Galego de Estatística (Ige) O tamaño dese incremento confirma a desaceleración do exercicio, fronte ao 2,2% de 2018. 

A economía da comunidade non medraba por baixo do 2% desde 2014. Desde ese momento encadeou catro exercicios consecutivos por enriba do 2%, e superou a barreira do 3% en 2016.

En canto aos datos trimestrais, a comparación das cifras do último de 2019 e do anterior revela unha alza dun 0,5%, unha décima máis que no terceiro. É o mesmo repunte experimentado por España, que no conxunto do exercicio —á espera de que se confirmen ou corrixan as cifras avanzadas— creceu algo máis que Galicia, un 2%.

No tocante ao emprego, as cifras do Ige retratan un aumento dun 0,9% en 2019 dos postos de traballo equivalentes a tempo completo, cun repunte liderado polas actividades inmobiliarias (+2,7%). Hai un avance en todos os sectores salvo nas actividades financeiras e de seguros (-3%), así como en agricultura, gandería e pesca (-1,2%). 

Comentarios