A taxa de desemprego baixa do 20% por primeira vez nos últimos seis anos

Segundo a Epa, hai 4.320.800 parados en España ►Entre xullo e setembro creáronse 226.500 empregos
Un grupo de personas hacen cola en una oficina de empleo
photo_camera Un grupo de personas hacen cola en una oficina de empleo

O paro baixou en 253.900 persoas no terceiro trimestre do ano respecto ao trimestre anterior, o que supón un descenso relativo do 5,5%, segundo datos da Enquisa de Poboación Activa (Epa) publicada este xoves polo Instituto Nacional de Estadística (Ine).

Con esta caída, a taxa de paro baixa ao 18,91%, 1,09 puntos menos e inferior ao 20% por primeira vez desde o terceiro trimestre de 2010, co que se coloca en cifras similares ás rexistradas no cuarto trimestre de 2009, cando a taxa de paro se situou no 18,66%.

Este recorte do desemprego é inferior ao logrado no terceiro trimestre de 2015 (-298.200 parados), aínda que supera os descensos de 2014 e 2013, cando o paro baixou en 195.200 e 103.900, respectivamente.

Tras esta baixada do desemprego, o número total de parados alcanzou a cifra de 4.320.800 persoas, o seu menor nivel desde o cuarto trimestre de 2009.

Segundo a Epa, a poboación activa experimentou un descenso de 27.300 persoas entre xullo e setembro (-0,13%), ata os 22,84 millóns de activos.

No último ano, o paro reduciuse un 10,9%, con 530.000 desempregados menos. En termos desestacionalizados, o desemprego baixou no terceiro trimestre un 3,03% respecto ao trimestre anterior.

271.400 NOVOS EMPREGOS. Entre xullo e setembro deste ano creáronse 226.500 empregos (+1,24%), por encima dos 182.200 postos de traballo que se xeraron no terceiro trimestre de 2015 e por encima dos 151.000 empregos creados no mesmo período de 2014.

No último ano, a ocupación aumentou en 478.800 persoas, a un ritmo anual do 2,65%, fronte ao 2,4% do trimestre anterior. Deste total, o sector privado creou 217.700 empregos e o sector público, 8.900 postos de traballo.

O número de asalariados creceu en 216.7800 persoas no terceiro trimestre, aumentou en 29.100 os traballadores con contrato indefinido e en 245.900 os que teñen un contrato temporal.

Comentarios