O primeiro plan Renove de instalacións eléctricas mellorará a eficiencia enerxética en 400 edificios

Persoas físicas e comunidades de veciños poderán obter axudas de ata o 24% do investimento, cun máximo de 3.000 euros por inmoble ou 150 puntos de luz
Feijóo, a su llegada al Consello da Xunta
photo_camera Feijóo, a su llegada al Consello da Xunta

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este xoves a posta en marcha do primeiro plan Renove de instalacións eléctricas, que aspira a mellorar a seguridade e a eficiencia enerxética en 400 edificios. Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o xefe do Executivo autonómico explicou que esta iniciativa "mobilizará máis de 3 millóns de euros". As axudas terán unha cofinanciación de ata o 24%, cun máximo de 3.000 euros por edificio ou 150 por punto de subministración.

Este plan está destinado a inmobles de uso residencial de máis de 25 anos, sendo os beneficiarios as persoas físicas e as comunidades de veciños, que deberán tramitar as axudas a través das entidades colaboradoras (aquelas inscritas no Rexistro integrado industrial do Ministerio de Economía). O programa cubrirá reformas de instalacións de enlace —desde a caixa xeral de protección ata os cadros xerais das instalacións receptoras dos usuarios—, a toma de terra, o cadro de servizos comúns, as instalacións correspondentes aos servizos do edificio e a substitución de interruptores convencionais por detectores de presenza.

Feijóo subliñou que este plan contribuirá a mellorar a seguridade das instalacións eléctricas, ademais de favorecer o aforro dos fogares.

A Xunta subvencionará a dotación de banda ancha ultrarrápida a empresas e autónomos de zonas illadas do rural 



BANDA ANCHA. Así mesmo, a Xunta convocará axudas para o acceso á banda ancha ultrarrápida a empresas e autónomos situados en zonas illadas do rural. Con esta convocatoria, que se publicará nos próximos días no Diario Oficial de Galicia, o Executivo activa a seguda das actuacións do 'Plan de banda longa 2020 para a extensión da cobertura de redes de banda longa ultrarrápida' na comunidade.

A través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), o Goberno galego destina a esta convocatoria un orzamento de 500.000 euros en 2017, que poderá ampliar ata un máximo dun millón en 2018, en función da demanda. Estas axudas subvencionarán ata "o cento por cento" dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda ancha ultrarrápida á empresa, ata un máximo de 20.000 euros por beneficiario. Os proxectos deberán ter un cose mínimo de 2.000 euros.

Está destinada a empresas e autónomos que non dispoñan de acceso a internet de polo menos 30 megas e será obrigatorio manter a alta no servizo contratado inicialmente como mínimo durante un ano.

Comentarios