FCC adquire todos os parques eólicos de Olivento

molino_eólico_dentr.jpg
photo_camera molino_eólico_dentr.jpg

O grupo Fomento de Construcións e Contratas (FCC) alcanzou un acordo para comprar os 14 parques eólicos que coa australiana Babcock & Brown Wind Partners (BBW) para comprar os 14 parques eólicos que ten en España (varios deles en Galicia) por 190 millóns de euros máis a asunción dunha débeda bruta de 590 millóns.

Con esta manobra, FCC enche de contido a súa nova unidade de negocio, FCC Enerxía SA, que entra directamente no sector das renovables cunha potencia total de 420,7 megawatts e unha carteira de proxectos en desenvolvemento que sumarán 45 megawatts máis en 2012, co que se converte no sexto operador español.

BBW xestionaba os seus proxectos eólicos en España a través da empresa Olivento SL, que facturaba uns 100 millóns de euros ao ano e tiña parques eólicos en Galicia, Andalucía, Aragón, Castela e León e Castela-A Mancha.

Negocios de futuro en enerxía
Esta é a primeira operación da construtora dentro da súa estratexia de diversificación cara ao negocio enerxético, iniciada o pasado mes de febreiro coa creación de FCC Enerxía.

Os plans da empresa controlada por Esther Koplowitz céntranse nas áreas de coxeración, eficiencia enerxética, enerxías renovables e biomasa.

O grupo FCC destaca que a compra dos parques de BBW achega sinerxías con outra das súas filiais, Espelsa, que se dedica a proxectos e instalacións eléctricas e mantemento de redes.

A empresa australiana destinará o obtido da venda da súa carteira eólica en primeiro lugar a reducir a súa débeda e despois a novos investimentos.

Comentarios