Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto aproban a fusión que senta as bases do grupo lácteo galego

A asemblea de Xallas rexeita sumarse á nova cooperativa de segundo grao
Asamblea general de Feiraco
photo_camera Asamblea general de Feiraco

As asembleas xerais de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto apoiaron este lunes pola mañá constituír unha cooperativa de segundo grao, sentando así as bases para a creación dun gran grupo lácteo galego. O proxecto –cuxa denominación se fará pública nos próximos días– non contará cos 781 socios de Xallas, pois a asemblea de sociedade de Santa Comba non aprobou a integración.

Así as cousas, o obxectivo desta nova alianza, que supera os 3.500 socios cooperativistas e roldará os 340 traballadores, é gañar competitividade mediante unha integración de servizos e da xestión de compras de subministracións, o que permitirá reducir os custos de produción para así resistir mellor as flutuacións do prezo do leite.

O novo grupo contará con participacións significativas en Feiraco Pensos, Feiraco Lácteos, Clesa e Artesáns Gandeiros. Os socios de Feiraco aprobaron a fusión cun 97,6% de votos favorables, fronte ao 96,03% de Melisanto e ao 97 dos Irmandiños.

Comentarios