Gadisa aumenta un 10% a súa cifra de negocio en 2020 e supera os 1.350 millóns

Así mesmo tamén aumentou a súa superficie de venda que xa ascende a 12.983 metros cadrados 
gadis
photo_camera Central loxística de Gadisa no polígono industrial de Piadela. AEP

A compañía de distribución no noroeste peninsular Gadisa retail xerou unha cifra de negocio de 1.350,2 millóns de euros en 2020, o que supón un aumento do 9,9 % con respecto ao exercicio anterior, informa nun comunicado.

Segundo a compañía, de capital 100 % nacional, este dato é posible grazas á confianza da súa máis do millón de clientes e ao esforzo do seu persoal, formada por 7.992 traballadores a 31 de decembro.

Así mesmo, reafirma o seu compromiso coa contorna realizando compras por valor de máis de 90 millóns de euros a 1.022 provedores locais e creando 347 empregos directos. Con strong<> 431 puntos de venda, a compañía conta con 213 Supermercados Gadis, 11 Gadis Hiper, 193 Claudio franquiciados, 12 Cash IFA e 2 Casa Claudio a peche de 2020. En canto a investimentos, a cifra chegou aos 32,35 millóns, un 37 % máis que en 2019.

Ademais, Gadisa retail incrementou en 12.983 metros cadrados a superficie de puntos de venda grazas á ampliación e incorporación de novos Gadis e dos 16 Claudio franquiciados abertos en 2020.

Parte tamén dos investimentos destinouse a pór en marcha novas plataformas de preparación de pedidos online durante o exercicio pasado, e en canto a redes sociais, ten máis de strong <>240.000 seguidores.

Gadisa contribúe ao gasto público con 126,78 millóns de euros, dos que 81,81 son impostos e tributos e 44,97 cotizacións sociais. Así mesmo, os fondos propios incrementáronse ata 433,91 millóns. 

Comentarios