Gadisa eleva a súa cifra de negocio un 1,68%, ata os 996 millóns de euros

Durante o pasado exercicio o grupo de distribución galego xerou 133 empregos directos, elevando a plantilla ata os 6.463 traballadores
Un establecimiento de Gadis
photo_camera Un establecimiento de Gadis

O grupo galego Gadisa alcanzou en 2014 unha cifra de negocios de 996,47 millóns de euros, un 1,68% máis que o exercicio anterior, e incrementou en máis de 9.000 metros cadrados a súa superficie comercial coa apertura e as ampliacións dos seus establecementos.

Con estas cifras, Gadisa destaca a súa "evolución positiva en vendas, creación de emprego e ampliación e modernización da superficie comercial para mellorar o servizo aos seus clientes", detallan fontes da firma de distribución galega.

O pasado ano, a cifra de negocio superou 996 millóns de euros, e a empresa destinou 56,83 millóns de euros a impostos e tributos e 35,41 millóns de euros a cotizacións sociais.

Ademais, Gadisa asignou 9,8 millóns de euros a investimentos, principalmente ao seu plan de aperturas e modernización de tendas, e xerou 133 empregos directos, polo que pechou o ano cun persoal de 6.463 traballadores.


O incremento en superficie total levado a cabo polo grupo galego foi de 9.039 metros cadrados, ata sumar un total de 349.464, que conforman 367 puntos de venda ao peche de 2014: 214 supermercados propios, 12 autoservicios para almacenistas Cash Ifa e 141 establecementos franquiciados Claudio en Galicia e Castela e León.

A empresa dispón de dous centros loxísticos, situados en Betanzos e Medina del Campo, que suman 55.184 metros cadrados de superficie de almacén para produtos non perecedoiros e 26.531 metros cadrados de instalacións para produtos frescos.

Gadisa dispón dunha flota de 203 camións que garanten a trazabilidade dos alimentos desde a súa orixe ata o punto de venda, engaden as mesmas fontes.

Neste contexto, o grupo conta cun programa de responsabilidade social corporativa, que inclúe máis de 1.500 accións anuais en diferentes ámbitos, entre eles o cultural, social, solidario, deportivo, medio ambiente e de recursos humanos.

Sobre este último, dos 6.463 traballadores do persoal, 484 dispoñen de horario adaptado ás súas necesidades de conciliación familiar e laboral e 192 promocionaron internamente durante o 2014. 

Comentarios