Seis 'galegos' figuran entre as 100 grandes fortunas de España

Amancio Ortega consolida o seu liderado nun ranking que revela que os millonarios xa se están recuperando da crise do covid-19
El empresario Amancio Ortega. CABALAR (EFE)
photo_camera El empresario Amancio Ortega. CABALAR (EFE)

Seis galegos figuran na lista das 100 maiores fortunas de España publicada este martes pola revista Forbes. Nun ranking que lidera unha vez máis Amancio Ortega –nacido no Bierzo pero galego de adopción–, a súa filla Sandra, accionista de Inditex, e o presidente de Banesco e Abanca, Juan Carlos Escotet, cóanse, ademais, no top cinco. Forbes computa como galego o negocio do banqueiro venezolano nacido en Madrid e fincado na Coruña.

Os outros tres galegos entre as 100 grandes fortunas son Manuel e Felipa Jove Santos, propietarios de Inveravante, no posto 48 con 600 millóns de euros; o lucense Luís Fernández Somoza, expropietario de Azkar, con 400 millóns no posto 69; e Isabel de Castelo e Isabel de Mandaluni, donas de Seguros Ocaso, firma de orixe galega que as leva ao posto 72 con 400 millóns. 

Ademais, a lista inclúe outra referencia a Galicia no posto 42, onde aparece o propietario de Ence, o vasco Juan Luís Arregui, con 650 millóns. Del, Forbes apunta que se enfronta ao reto de dar unha saída ao conflito da planta da papeleira en Lourizán" e destaca que a crise da planta "está a pasarlle factura".

[Sandra Ortega, accionista de Inditex, e segunda fortuna de España. ARQUIVO]

Sandra Ortega. ARQUIVO

MÁS RICOS. Unha das principais conclusións que se extraen da lista de Forbes é que grandes fortunas españolas deixaron atrás o peor da crise provocada pola covid-19 e están preto de recuperar o nivel anterior á pandemia, xa que durante este ano a súa riqueza elevouse a 153.575 millóns de euros, un 17 % máis que en 2020.

De media, cada millonario incrementou a súa carteira en 565.000 euros ao día, estima Forbes. Ademais, os cinco primeiros do lista –Amancio Ortega e a súa filla Sandra (Inditex); Rafael del Pino (Ferrovial); Juan Roig (Mercadona) e Juan Carlos Escotet (Banesco)– concentran máis do 50% do total, 83.500 millóns de euros.

AMANCIO, MÁS LÍDER. Amancio Ortega consolida o seu liderado con 67.000 millóns de euros, 10.000 máis que en 2020, equivalente á suma dos 52 españois que lle seguen na lista; a súa filla Sandra, única muller entre os cinco primeiros, atesoura 6.300 millóns de euros, un 12,5% máis que o pasado ano.

O presidente de Ferrovial, con 3.800 millóns de euros, pasa da cuarta á terceira posición e adianta ao presidente de Mercadona, con 3.700; Escotet conta con 2.700 millóns de euros.

ENERXÍAS RENOVABLES. Forbes destaca a presenza de empresarios do sector das enerxías renovables, como José Elías, accionista maioritario de Audax Renovables (900 millóns de euros); José María Galíndez (400 millóns en Solar Pack); Dores Larrañaga, principal accionista de Solaria (375 millóns), ou Enric Asunción, presidente e cofundador de Wallbox (325 millóns).

HOMES E MULLERES. As mulleres representan só un 30% do total, sinala Forbes, e a súa riqueza media é de 993 millóns de euros fronte aos 1.511 millóns dos homes.

Por detrás de Sandra Ortega figura Alicia Koplowitz, propietaria de Omega Capital, e Hortensia Ferreiro, accionista de Mercadona, en sexto e sétimo lugar con 2.300 millóns, respectivamente.

Madrid é a comunidade que máis mulleres multimillonarias achega ao ranking con 19 fortunas que acumula 12.875 millóns, seguida de Cataluña, con 18 mulleres e unha suma de 8.550 millóns de euros.

No outro extremo da táboa sitúanse Estremadura e Navarra, onde ningunha muller ten máis de 30 millóns de euros.

[Juan Carlos Escotet. ARQUIVO]

Juan Carlos Escotet. ARQUIVO

AS COMUNIDADES CON MÁS RICOS. Madrid conta con 36 oriúndos que acumulan un total de 32.825 millóns de euros, pero suma outras 14 fortunas que teñen a súa sede principal nela, aínda que proveñen doutras rexións.

Como curiosidade, Forbes destaca que Dimas Gimeno, expresidente del Corte Inglés, e Esther Alcocer Koplowitz, presidenta de FCC, quedan ás portas dos 100 españois máis ricos con 200 millóns cada un.

Tras Madrid e Cataluña, gañan peso o País Vasco e Murcia, que conta con cinco das 100 familias máis ricas de España cunha fortuna conxunta de 4.525 millóns de euros, e tres dos 100 españois máis ricos.

Madrid é a comunidade con máis 'ricos', con 36 

No polo oposto figuran Baleares e Canarias, cuxas fortunas provenientes do turismo acusan o golpe da pandemia; os empresarios canarios máis destacados son Eustasio e Aurelio López, propietarios de Lopesan, e Wolfgang Kiessling, de orixe alemá, promotor de Papagaio Parque.

DEPORTISTAS. Nin Rafa Nadal nin Fernando Alonso figuran entre os 100 españois máis ricos, con 225 millóns de euros cada un; a continuación sitúanse Sergio Ramos, Iniesta e Piqué, con 100 millóns cada un. 

Comentarios