Inditex sobe un 4,49% en Bolsa e recupera parte do perdido tras anunciar os cambios na cúpula

Pantallas en la sede de la Bolsa de Madrid, este miércoles. EFE
photo_camera Pantallas na sede da Bolsa de Madrid, este mércores. EFE

O grupo téxtil Inditex subiu este mércores un 4,49% en Bolsa e recupera en parte as perdas deste martes, cando anunciou o nomeamento de Marta Ortega como nova presidenta en substitución de Pablo Isla.

Nunha xornada alcista no mercado español, os títulos de Inditex, a empresa con maior capitalización do parqué, pecharon a 29,11 euros, o que supón unha repunta do 4,49%, a maior subida do Ibex 35. O martes, cando se anunciaron os cambios na dirección, os títulos da compañía caeron un 6,1%.

No que vai de ano a acción do grupo téxtil revalorízase o 14,42%.

Inditex nomeou a Marta Ortega, filla do fundador do grupo Amancio Ortega, nova presidenta da empresa con efectos a partir do 1 de abril de 2022 e a Óscar García Maceiras, novo conselleiro delegado. 

Comentarios