Unha firma de capital risco faise co 35% da operadora R

Fondos asesorados pola firma de capital risco CVC Capital Partners adquiriron, a través dunha sociedade española controlada por eles, unha participación do 35 % no operador galego de telecomunicacións por fibra óptica R, quedando o 65% restante das accións da operadora galega en mans de Caixanova.

Así, a caixa viguesa, máximo accionista de R, vendeu á empresa británica un 1,24% das súas accións. O resto da participaciómn adquirida por CVC implicou a liquidación de accións do resto dos participantes: Unión Fenosa, Banco Pastor, Gadisa, Estrella Galicia, Jealsa Rianxeira, Ceferino Nogueira, Dielectro Galicia, Ferroplast, Invertaresa, Faro de Vigo, El Correo Galego, La Región, El Progreso, El Ideal Gallego, Emalcsa, Grupo Ceta e Olsines.



A entidade cuxa sede se atopa en Londres realizou esta operación por uns 236, 25 millóns de euros e mantén que se chegou a un acordo que garante a ''galeguidade'' da empresa, polo que manterá a súa sede na Coruña e o seu actual equipo directivo, o cal se compón por Honorato López Isla como presidente, de Julio Fernández Gayoso como vicepresidente e de Arturo Dopico como conselleiro delegado.

Incremento da participación

Con todo, a través dun comunicado enviado por R infórmase de que CVC Capital Partners, ''en próximas etapas'', ten o obxectivo de ''incrementar a súa participación na empresa'', polo que podería haberse asegurado alcanzar a maioría das participacións segín indican varios medios de comunicación.

Ao ser esta e Caixanova as únicas participantes actuais da empresa, a súa expansión só sería posible entón coa compra de accións á entidade presidida por Gayoso.

Segundo a nota de prensa, esta operación ''supón unha inxección de liquidez e reforzo da estrutura financeira'' que ''potenciará a expansión e crecemento de R noutros mercados''. CVC anuncia así un investimento de 330 millóns de euros ata 2015 para que a empresa consolídese como o ''operador líder'' no mercado galego.

Tamén recorda o escrito que, xa cando Caixanova duplicase as súas accións nesta empresa, Gayoso anunciara ''ambiciosos plans para a expansión da compañía fóra de Galicia''.

No comunicado enviado por R destácase a intención de Caixanova de manter o seu liderado recordando o ocorrido en 2008, cando esta caixa tomou o mando da firma ao adquirir por 150 millóns de euros o 35,4% que posuía Unión Fenosa, tras a OPA lanzada por Gas Natural sobre a eléctrica galega, e fíxose con 66,24% da operadora.

Capital risco
Por outra banda, Javier de Jaime, de CVC Capital Partners, declararía que ''somos moi conscientes de que boa parte do éxito de R radica na súa identificación con Galicia e a súa proximidade cos clientes'', polo que asegura que ''manteremos con Caixanova o compromiso do proxecto empresarial de R'', indicando que a sede social e operativa permanecerá nesta comunidade autónoma e garantindo a súa ''galeguidade''.

De Jaime recorda tamén que este se trata dun proxecto a longo prazo, pois as empresas de 'private equity' (capital risco) teñen un período medio de permanecia nas compañías nas que se introducen de 9 anos. Quere desdecir as vocer críticas cos fondos de capital risco que lles achacan prácticas especulativas en empresas que inician o seu período de expansión.

Comentarios