Lidl reabre este xoves a súa tenda de Oleiros tras unha reforma de 2,5 millóns de euros

A cadea contratou a provedoras locais como a empresa de enxeñería e arquitectura Cotecno (A Coruña) e a construtora Navila (Arteixo) para modernizar, renovar e ampliar o seu establecemento da rúa Barbanza, 11
Tienda Lidl de Oleiros. LIDL
photo_camera Tenda Lidl de Oleiros. LIDL

Lidl retoma este xoves a actividade do seu establecemento situado na rúa Barbanza, 11 de Oleiros, xunto ao Parque Comercial de Iñás, tras investir 2,5 millóns de euros na súa ampliación e modernización.

Ademais do impulso á sustentabilidade desta tenda, o incremento dun 35% na súa superficie de vendas, ata alcanzar os 1.350m2, é unha das principais melloras que terán ao seu servizo os clientes que visiten o establecemento. Este aumento da sala de vendas traducirase nun reforzo da presenza do produto galego, continuando así coa filosofía de Lidl de apoio aos provedores galegos, aos que xa comprou referencias por valor de máis de 1.000 millóns de euros nos últimos catro anos.

Deste xeito, desde o xoves poderanse atopar máis referencias de proximidade na nova tenda, incluíndo aquelas da contorna máis próxima, como queixos rexionais, leite fresco ou cervexa Estrella Galicia, entre outros.

Non en balde, a día de hoxe, a marca traballa cuns 80 provedores galegos aos que adquire habitualmente máis de 400 referencias. Moitas delas véndense nas súas máis de 630 tendas en España e, nalgúns casos, expórtanse á súa rede de máis de 11.000 establecementos nunha trintena de países de Europa.

O aumento da sala de vendas traducirase nun reforzo da presenza do produto galego

De feito, a degustación dalgúns destes produtos, sumada á entrega de bolsas de rafia, serán algunhas das accións de promoción que lance a marca para o primeiro día de reapertura do centro.

Ademais deste compromiso co produto de proximidade, Lidl tamén ratificou en Oleiros a súa aposta pola consolidación do emprego local, xa que contratou a execución destes traballos a empresas da contorna, como a firma de enxeñería e arquitectura coruñesa Cotecno ou a construtora Navila, con sede en Arteixo.

MÁIS EMPREGO NUNHA PROVINCIA ESTRATÉXICA. A ampliación e mellora das instalacións de Oleiros, que estarán abertas en horario ininterrompido de 9 a 22 horas de luns a sábado, levou á cadea á creación de cinco novos postos de traballo para un persoal total composto por 23 integrantes.

A este respecto, o director rexional de Lidl en Galicia, Jaime Herrá, subliñou que “unha modernización da envergadura desta de Oleiros non só é motivo de alegría para a marca, senón tamén para provedores da contorna máis próxima, para os nosos traballadores e para os nosos clientes”. Neste sentido, Herrá sinala que “con esta reforma, a cadea segue avanzando cara á súa consolidación nesta provincia, que consideramos estratéxica, e na que xa estamos a xerar uns 300 postos de traballo directos grazas a un esforzo de expansión que se traduciu só nos últimos cinco anos na apertura de tres novos establecementos”, en referencia aos de Carballo, Arteixo e Ofimático, na capital da provincia. A estes tres súmanse outros dez distribuídos do seguinte modo: tres máis na comarca da Coruña (na propia capital, en Culleredo e en Oleiros), dúas en Ferrol, dúas en Santiago de Compostela e un en Betanzos, Boiro e Ribeira.

En outono Lidl abrirá a súa primeira tenda na comarca pontevedresa de O Val Miñor

“O noso compromiso coa provincia da Coruña quedou patente desde o día en que decidimos elixir a localidade de Culleredo para inaugurar o noso primeiro punto de venda na comunidade o 7 de maio de 1998 e, día a día, non só o mantemos, senón que seguimos dando pasos cara adiante”, conclúe Herrá.

A reapertura de Oleiros é un primeiro fito do plan de expansión da compañía en Galicia para este 2021, que estará marcado tamén pola apertura este outono da súa primeira tenda na comarca pontevedresa de O Val Miñor, onde a cadea destinou 4,7 millóns de euros para a que se converterá na súa tenda número 34 da comunidade.

SUSTENTABILIDADE. Dun modo paralelo á ampliación da sala de vendas e ao incremento do persoal, a sustentabilidade foi outra das claves das melloras no establecemento de Oleiros. Así, ademais de incorporar a instalación de alumado tipo LED de alta eficiencia enerxética con sistema Dali para o aproveitamento da luminosidade natural, incorporáronse revestimentos exteriores con alto coeficiente térmico para reducir os consumos de climatización.

A todo iso agrégase unha mellora no equipamento, co uso de gas R290 (propano) -que non produce gases de efecto invernadoiro- na instalación de frío industrial, así como o impulso dun sistema que regula a temperatura da instalación co obxectivo de reducir o consumo das máquinas.

Comentarios