lunes. 29.11.2021 |
El tiempo
lunes. 29.11.2021
El tiempo

Marín e Bueu contratarán durante 7 meses 15 persoas que perciben a Risga

Cores Tourís e Félix Juncal, alcalde de Bueu, nunha visita do primeiro á vila mariñeira
Cores Tourís e Félix Juncal, alcalde de Bueu, nunha visita do primeiro á vila mariñeira
A Consellería de Traballo e Benestar subvenciona os costes laborais e a Seguridade Social. Os beneficiarios terán contratos polo 75 por cento da xornada laboral de cada concello

A Consellería de Traballo e Benestar investirá nos concellos de Marín e Bueu case 144.000 euros para a contratación de 15 perceptores da Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga), tal e como explicou onte o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.A subvención está enmarcada na orde de axudas publicada o pasado mes de xaneiro e á que se destinou en toda Galicia un total de dez millóns de euros, o dobre que o ano pasado, según sinalou o responsable autonómico.

Cores Tourís explicou que este orzamento permite que a totalidade dos concellos galegos que solicitaron a axuda e que cumpran cos requisitos marcados na orde reciban a subvención. En toda Galicia, os concellos beneficiados serán preto de 210, o que fará posible a contratación dun millar de persoas.

''Dados os resultados positivos deste programa o ano pasado, nesta ocasión introducíronse novidades co fin de chegar ao máximo de persoas posibles'', explicou o delegado territorial, quen engadiu que ''por iso ampliouse o orzamento e abriuse o abano de beneficiarios, ao eliminar o requisito de ter unha antigüidade de seis meses como perceptores''.

''Ampliouse o orzamento e abriuse o abano de beneficiarios ao eliminar o requisito de ter unha antigüidade de seis meses como perceptores''

No caso de Marín e Bueu serán 15 as persoas benficiarias dos contratos, mentres que na provincia de Pontevedra serán ao redor de 350, destinando a este fin un orzamento que superará os tres millóns de euros, engadiu o delegado territorial da Xunta.

Os beneficiarios, que serán contratados directamente polos concellos, deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego e seguirán tendo preferencia aquelas persoas que estean comprometidas coa realización dun itinerario sociolaboral, así como os que contan con cargas familiares.

XORNADA. Ademais, os contratos realizaranse polo 75 por cento da xornada laboral (a orde recolle entre un 50 e un 75), de xeito que os beneficiarios acaden o máximo previsto. Todos os contratos terán unha duración de sete meses e deberán estar vinculados á realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social, que serán decididos polos propios Gobernos municipais. A Consellería, ao igual que o ano pasado, sufragará o total dos costes salariais dos traballadores, incluída a cotización á Seguridade Social.

Esta convocatoria enmarcase, según explicou Tourís, na aposta da Conselleríade Traballo e Benestar da Xunta por formentar a inclusión activa dos colectivos máis vulnerables. Por exemplo, nesta mesma liña hai outras dúas ordes de emprego, como a de obradoiros, que para este ano prevé unha reserva do 20 por cento das prazas para os preceptores da Risga, sempre que haxa candidatos que o fagan posible. Pola súa banda, os plans integrados de emprego disporán por primeira vez dunha tipoloxía de programa específico para os beneficiarios desta renda. Neste caso, os costes subvencionables por participante serán máis altos que nos ordinarios.

''A aposta pola inclusión reflíctese non só nas ordes concretas, senón tamén a nivel normativo e de planificación''

''A aposta pola inclusión reflíctese non só nas ordes concretas, senón tamén a nivel normativo e de planificación'', sinalou o delegado, quen lembrou que ''en 2013 aprobouse unha nova Lei de inclusión Social de Galicia, un marco legal mellorado e actualizado que articula unha nova Risga dividida en tres tramos para estimular e favorecer a inserción laboral''.

A inclusión activa é tamén un dos piares fundamentais na nova Estratexia de Inclusión Social, que se aprobou en decembro pasado e que contará con máis de 521 millóns de euros de orzamento e máis de 300 medidas concretas.

Marín e Bueu contratarán durante 7 meses 15 persoas que perciben a...
comentarios
ç