Martes. 20.11.2018 |
El tiempo
Martes. 20.11.2018
El tiempo

Sobe o paro en 47.000 persoas en España e en 1.000 en Galicia co fin da campaña de verán

Un camareiro nunha terraza. AEP
Un camareiro nunha terraza. AEP

É o maior incremento no mes de agosto desde 2011

O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego Estatal (SEPE) aumentou en agosto en 47.047 persoas respecto ao mes anterior, o que marca o maior incremento nese mes desde 2011 e sitúa a cifra total de desempregados inscritos en 3.182.068.

De acordo cos datos publicados este martes  polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, no último ano o paro diminuíu en 200.256 persoas ata situar o número de desempregados no nivel máis baixo alcanzado nun mes de agosto dos últimos dez anos.

En termos desestacionalizados, é dicir, sen ter en conta as diferenzas estacionales e de calendario, o desemprego caeu en 2.819 persoas durante o mes de agosto.

Por sectores, principalmente aumentou o numero de desempregados que traballaron nos servizos (39.758 parados máis), aínda que tamén na construción (9.246 máis) e a industria (8.110 máis), en tanto que se reduciu na agricultura (4.562 menos) e no colectivo sen emprego anterior (5.505 menos).

Dos 47.047 parados máis, 27.415 eran homes e 19.632, mulleres, o que aumentou o paro masculino a 1,30 millóns de persoas e o feminino a 1,87 millóns.

Por idade, o desemprego de mozos menores de 25 anos incrementouse en 3.189 persoas, en tanto que o de maiores de 25 anos fíxoo en 43.858.

A pesar da tendencia á alza xeneralizada, o desemprego entre os estranxeiros diminuíu en 4.711 persoas, ata os 366.460 parados, dos que 136.524 procedían dun país comunitario e 229.936, extracomunitario.

O paro rexistrado aumentou nas 17 autonomías, encabezadas por Cataluña (11.594 desempregados máis) e Andalucía (8.284 máis).

O número total de contratos rexistrados durante o mes de agosto foi de 1.602.495, o que implica un 4,3 % máis que un ano antes.

Dese total, 1.448.574 foron temporais e 153.921 foron contratos con carácter indefinido (o 9,6 % do total), o que supón un incremento do 33 % da contratación fixa respecto de agosto de 2017. Dos contratos fixos, 92.963 foron a tempo completo (18,4 % menos) e 45.053, a tempo parcial (13.47 % menos). 

En Galicia aumentou en 1.012 persoas
O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) en Galicia subiu en agosto en 1.012 persoas, un 0,62%, con respecto ao mes anterior, ata os 164.424 desempregados. 

En relación a hai un ano, a comunidade galega conta con 16.701 parados menos, o que supón un descenso do 9,22%. 

Sobe o paro en 47.000 persoas en España e en 1.000 en Galicia co...
Comentarios