Orange encarga a Credit Suisse estudar a compra de Euskaltel, dona da galega R

Esta operación chega tan só dous días despois de que a firma británica Zegona completase unha ampliación de capital de 112,8 millóns de euros

Sede de R. EP
photo_camera Sede de R. EP

Orange encargou a Credit Suisse analizar unha posible oferta pública de adquisición (Opa) sobre a operadora Euskaltel, dona da galega R, segundo avanza a páxina británica especializada en información financeira, Tmtfinance.com.
 
Esta operación chega tan só dous días despois de que a firma británica Zegona completase unha ampliación de capital de 100,5 millóns de libras (112,8 millóns de euros) para financiar un aumento da súa participación en Euskaltel de ata un 12,5% adicional, desde o actual 15%.
 
Este movemento suporía situar a Zegona como o máximo accionista de Euskaltel, por encima de Kutxabank, entidade que actualmente controla do 21,3% da teleco, por encima da participación de Zegona do 15%; do 4,5% de Abanca; ou do 5,3% de Capital Research.

Ademais, Zegona alcanzou un pacto de accionistas con Talomon Capital Limited, que é accionista tanto de Zegona como de Euskaltel (cunha participación aproximada do 1,4% nesta última) e, en virtude do acordo, ten dereitos de propiedade de ata o 2,4% de Euskaltel. 

Actualmente, Euskaltel ten un valor en Bolsa de aproximadamente 1.370 millóns de euros. Na xornada deste xoves, a cotizada subiu un 1,09%, ata alcanzar os 7,45 euros por título.

Comentarios