R lidera a captación de clientes en telefonía fixa e internet

R_operador_logo_dentro.gif
photo_camera R_operador_logo_dentro.gif

R atraeu a máis clientes en telefonía fixa e internet que a media das empresas de telecomunicacións do mercado español, segundo os datos do operador galego e  o último informe trimestral publicado pola Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT), referido aos meses de outubro, novembro e decembro de 2007.

En telefonía fixa, R incrementou os seus clientes nun 11,89% desde o mesmo trimestre do ano pasado, máis de dez puntos por encima da medida do sector en España, o 1,61%. Iso permitiulle subir o seu volume de negocio nun 10,74%.

Nos servizos de internet, o número de clientes de R aumento nun 34,81%, con respecto a decembro de 2006, mentres que a media dos operadores de telecomunicacións foi do 19,12% o seu número de clientes. Nesta área,  cifra de negocio de R creceu un 38,10%.

En televisión de pago, o operador galego aumentou o seu número de clientes neste servizo nun 5 por cento respecto ao mesmo trimestre do pasado ano, esta vez ao mesmo nivel que o resto do sector.

Principais cifras
Segundo comunica a propia empresa, R traballa na actualidade cuns 221.000 clientes, dos que uns 46.300 son empresas e pechou o 2007 cun resultado operativo (ebitda) de 73,8 millóns de euros e unha marxe operativa do 44,7% sobre ingresos. Eses datos sitúana como líder en rendibilidade no sector das telecomunicacións.

Ademas, afirman que R "mantén, ano tras ano, a súa aposta por Galicia", xa que ao peche de 2008 investiría máis de 700 millóns de euros en lograr conectar con fibra óptica ao 60% da poboación galega.

Comentarios