R multiplica por catro ou seu beneficio

O operador de comunicacións "R" rexistrou un beneficio neto de 13,5 millóns de euros en 2007, un 409 por cento máis que o ano anterior.

Así o explicou o presidente da compañía, Arturo Dopico, quen asegurou que a compañía é líder en Galicia dos tres subsectores económicos nos que opera en Galicia, Internet, telefonía fixa e televisión por cable.

Nos cálculos non computan aínda os resultados de telefonía móbil, un sector ao que R lanzouse a principios deste ano como operador móbil virtual (OMV).

Dopico indicou que a compañía chega actualmente a 46 poboacións e fixou o obxectivo de chegar a 18 poboacións máis durante este ano, cun investimento previsto de 100 millóns de euros.

Satisfacción de usuarios
A cifra de clientes de R multiplicouse por tres nos últimos cinco anos ata chegar a 214.319. A compañía ofrece os seus servizos a 638.644 fogares e locais comerciais.

Dopico aproveitou para recordar que os usuarios de internet, nunha enquisa realizada pola Organización de Consumidores e Usuarios, elixiron a R como o mellor provedor de España.

Este ano R ofreceu dous novos servizos: o de telefonía móbil, que comezou o pasado mes de decembro e que conta xa con 3.209 solicitudes de liña, das que xa están activadas 1.400; e o servizo de televisión dixital interactiva, con máis de 25.000 decodificadores instalados.

Obxectivos
Os obxectivos para estas dúas novas áreas de negocio son chegar ás 40.000 liñas de móbil a final de 2008 e estender á totalidade dos 60.000 clientes de televisión multicanal temática o novo servizo de televisión dixital interactiva.

R pretende acabar o ano levando a fibra óptica ao 60 por cento da poboación galega, para o que investiría, desde o principio da súa andaina, preto de 700 millóns de euros.

Dopico recoñeceu que non será posible cubrir todos os núcleos de poboación con fibra óptica, xa que só levarán a "núcleos consolidados" con posibilidades de ter "ente 500 e 1.000 clientes", aínda que aclarou que haberá posibilidade de implementar estes servizos en pequenas poboacións utilizando a tecnoloxía -sen fíos- "wireless".

Comentarios