Traballo impón a Glovo novas sancións de 57 millóns de euros

O total das multas que leva acumuladas Glovo España ascende os 200 millóns de euros
Repartidor de Glovo. RAFA FARIÑA
photo_camera Repartidor de Glovo. RAFA FARIÑA

A Inspección de Traballo impuxo novas sancións á empresa de repartición Glovo por un total de 57 millóns de euros por emprego de falsos autónomos e por traballo irregular de persoas estranxeiras. Segundo confirmaron fontes do Ministerio de Traballo, trátase de actuacións levadas a cabo pola Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS) en Glovo Madrid.

As propostas de sanción, adiantada pola Cadea Ser, responden a dúas irregularidades. Por unha banda, 7.022 faltas de alta de traballadores na Seguridade Social por unha contía de 32,9 millóns aos que se suman a acta de liquidación, que responde á falta de cotización deses traballadores no Réxime Xeral da Seguridade Social e que ascende a 19 millóns.

Ademais, sancionouse con 5,2 millóns por traballo irregular de persoas estranxeiras sen o correspondente permiso de traballo, unha medida que afecta a 813 persoas. En total, Glovo España acumula 205,3 millóns en multas (actas de infracción e actas de liquidación) que afectan a 37.348 traballadores.

Comentarios