Vegalsa-Eroski bota unha man na Palma

A compañía de distribución alimentaria e os seus clientes doan 114.130 euros aos damnificados polo volcán
Interior de un supermercado Eroski con un cartel de la campaña solidaria. EP
photo_camera Interior de un supermercado Eroski con un cartel de la campaña solidaria. EP

A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski e os seus clientes doaron un total de 114.130 euros para as persoas afectadas pola erupción do volcán Cumbre Vieja da, grazas á campaña solidaria de urxencia posta en marcha hai un mes a través das súas insignias Eroski e Autoservicios Familia.

Os fondos recadados serán canalizados a través de Cruz Vermella, entidade que traballa de forma directa en apoio á poboación damnificada pola erupción.

A campaña de solidariedade de Vegalsa-Eroski contou con dúas iniciativas. Por unha banda, animou aos seus clientes a consumir plátano de Canarias como forma de apoio ao sector e á poboación afectada por esta catástrofe natural, doando así 0,10 euros por cada quilo de plátanos Eroski Natur e Gabaceras que se venderon durante o mes de outubro nos establecementos Eroski e Autoservicios Familia, cos que se recadaron 5.660 euros.

Doutra banda, apelou á colaboración dos seus clientes habilitando un mecanismo de doazón voluntaria ao seu paso por caixa. A solidariedade da xente traduciuse nunha achega de 108.470 euros.

"Desde Vegalsa-Eroski queremos agradecer a implicación e a resposta dos nosos clientes á chamada á solidariedade para os veciños da Palma, logrando así contribuír entre todos a cubrir as necesidades básicas de alimentación e aloxamento das persoas afectadas", explican desde a compañía.

Vegalsa-Eroski comercializa aproximadamente 5 millóns de quilos do IGP Plátano de Canarias ao ano. Desde 2015 faino tamén a través da súa marca propia EROSKI Natur, dispoñible nos seus establecementos da insignia Eroski. De feito, o 95% das unidades de IGP Plátano de Canarias Eroski Natur comercializadas proceden da illa da Palma, en concreto, das plantacións de máis de 300 pequenos agricultores.

Pola súa banda, nos establecementos Autoservicios Familia, a compañía pon a disposición dos seus clientes a marca prémium do plátano de Canarias, Gabaceras, coa que traballa.

O compromiso de Vegalsa-Eroski polos selos de calidade diferenciada achega un dobre beneficio: ao consumidor e ao produtor.

Comentarios