Vegalsa-Eroski comprou produtos a 732 provedores galegos por 335 millóns

O grupo empresarial destaca a súa aposta pola comunidade no seu noveno Encontro coa Industria Alimentaria, celebrado na Coruña
Asistentes al Encontro coa industria alimentaria organizado por Vegalsa-Eroski.XUNTA
photo_camera Asistentes ao Encontro coa industria alimentaria organizado por Vegalsa-Eroski. XUNTA

A distribuidora Vegalsa-Eroski realizou compras a un total de strong <>732 provedores galegos por valor de 335 millóns de euros ao longo do ano 2021. Así, dos 400 millóns que destina a máis de 900 provedores locais, o 84% son galegos, mentres o resto son leoneses (35,7 millóns) e asturianos (27,8 millóns).

Eses 400 millóns supoñen unha alza do 9,5% no seu investimento respecto ao anterior ano e representan un 39% das compras da compañía.

O grupo empresarial reuniu este venres na Coruña a máis de 350 representantes de empresas, denominacións de orixe, cooperativas agrarias e entidades e institucións do sector agroalimentario no IX Encontro coa Industria Alimentaria, ao que asistiron, entre outros, Manel Calvo (Conservas Calvo), Carmen (Grupo Río) e Jorge Eiroa (Vegalsa- Eroski), quen destacou o "impacto do emprego indirecto" da empresa coa xeración de máis de 12.000 postos de traballo. Pola súa banda, a este acto tamén acudiu o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, quen remarcou que o sector galego é unha "potencia" que será protagonista no Perte agroalimentario convocado polo Goberno cuns 1.800 millóns para España.

E o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, resaltou a nova lei de calidade alimentaria que persegue a excelencia dos produtos galegos. E agradeceu a adhesión de Vegalsa-Eroski á rede Mercaproximidade, á vez que impulsa a marca Galicia Calidade Alimentaria.

Comentarios