A vivenda á venda máis cara de Galicia é unha fortaleza de Cee de 5 millóns

O portal Idealista elaborou un ranking das casas máis caras de España, que encabeza unha vila de Málaga de 29 millóns
La casa de Cee. IDEALISTA
photo_camera A casa de Cee. IDEALISTA

A vivenda máis cara que se vende en Galicia a través da web Idealista é Castelo do Príncipe, situado no municipio coruñés de Cee, cun custo de 4.990.000 euros, informa o portal inmobiliario.

Idealista fixo un ranking das casas máis caras de España, liderado por unha vila da provincia de Málaga que vale 29 millóns de euros.

O estudo reflexa a casa máis cara de Galicia e correspóndese coa fortaleza de Ameixenda, do século XVIII, que ten 2.700 metros cadrados.

Parte da casa de Cee. IDEALISTA

No anuncio, o vendedor concreta que a propiedade consta de dous salóns, cinco dormitorios moi grandes con cheminea, cinco cuartos de baño incorporados aos dormitorios, dous aseos, cociña e despensa.

Ademais, ten un patio de armas, unha adega, piscina, pista de tenis e un estanque, entre outras características.

Comentarios