Vueling estrea conexión da Coruña con Bilbao

A aeroliña celebrou este xoves os seus 15 millóns de pasaxeiros no aeroporto vasco

Avión de Vueling. DP
photo_camera Avión de Vueling. DP

Vueling conectará A Coruña con Bilbao. A aeroliña celebrou este xoves os seus 15 millóns de pasaxeiros no Aeroporto vasco de Loiu coa incorporación da súa quinta aeronave baseada neste emprazamento e estreou tres novas conexións á capital herculina, O Porto e Florencia.

Desde a súa chegada a Bilbao no ano 2005, cando empezou a operar a conexión con Barcelona, Vueling "mantivo un crecemento sostido ano tras ano neste mercado". En 2010, baseou os seus dous primeiros Airbus A320 no aeródromo biscaíño.

Dous anos máis tarde, en 2012, a compañía instalou o terceiro avión e pechou o exercicio con máis de 1,2 millóns de pasaxeiros transportados desde a cidade vasca, segundo datos oficiais de Aena. Xa en 2018, Vueling baseou un cuarto avión, cos que superou os dous millóns de pasaxeiros, e a semana pasada incorporou a súa quinta aeronave á base de Loiu.

Comentarios