Sábado. 22.09.2018 |
El tiempo
Sábado. 22.09.2018
El tiempo

A Xunta advirte de que cun imposto ao diésel "Galicia volvería ser prexudicada" 

Un coche diésel repostando nunha estación de servicio. DP
Un coche diésel repostando nunha estación de servicio. DP

Tahoces lembrou que esta medida "impactaría directamente na industria da automoción", xa que o 62% do valor que se xera nesta industria "é consecuencia deste tipo de vehículos"

O director xeral de Minas, Ángel Bernardo Tahoces, advertiu este xoves de que se se establece un imposto ao diésel, como mencionou esta semana o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, "Galicia volvería ser prexudicada". 

Durante a súa intervención en Comisión parlamentaria para responder a unha pregunta da deputada nacionalista Noa Presas sobre o prezo dos carburantes en Galicia, Tahoces lembrou que na comunidade, o 85% dos carburantes que se consomen son diésel, fronte ao 82% estatal. 

Con iso, destacou que este suposto imposto tería máis incidencia en Galicia, que, á súa vez, xa rexistra dos carburantes máis caros do Estado. Ademais, "impactaría directamente na industria da automoción", xa que o 62% do valor que se xera nesta industria "é consecuencia de vehículos diésel". 

No entanto, o director xeral sacou a colación os prezos dos carburantes antes de impostos para explicar que a "presión fiscal" sobre os mesmos "non determina" os elevados prezos en Galicia, dado que os carburantes xa son dos máis caros de España nac omunidade antes de impostos. 

A título explicativo, e despois de garantir que a Xunta "sempre fará unha política rigorosa" nesta materia buscando o interese dos galegos, Tahoces lembrou que os carburantes en España están suxeitos a dous impostos, o Ive e o imposto sobre hidrocarburos, que se divide actualmente en tres tramos, dous nacionais e un autonómico. 

No entanto, lembrou, a partir do 1 de xaneiro de 2019, o tramo autonómico no seu tipo máis alto integrarase no de ámbito estatal co obxectivo de que "en todas as comunidades exista o mesmo tipo impositivo".

A Xunta advirte de que cun imposto ao diésel "Galicia volvería ser...
Comentarios